ÍNDICE
Introducción

Obxectivos

  1. Estabilización de frecuencias
  2. Función de probabilidade de dous dados.
  3. Probabilidade condicionada
  4. O aparato de Galton
  5. A distribución binomiall
  6. A distribución normal

Probabilidade. Distribucións de probabilidade. Distribución binomial. Distribución normal.

INTRODUCIÓN

 

      As leis do azar maniféstanse cando o número de repeticións é moi grande, e así a fala da "lei dos Grandes Números", etc. Neste campo o ordenador é un instrumento moi útil xa que nos permite simular doadamente un grande número de experiencias e ver as regularidades que aparecen.

     As escenas desta unidade didáctica teñen a finalidade de "ver" como a "realidade" se axusta ao modelo teórico, ou mellor dito, como o modelo se axusta á realidade.

OBXECTIVOS

  • Visualizar a estabilización da frecuencia relativa dun suceso dependendo do número de probas.
  • Comprender a importancia do modelo teórico que é a función de probabilidade.
  • Experimentar sobre a probabilidade e a frecuencia relativa.
  • Manipular un modelo como o aparato de Galton e xeneralizalo a unha distribución binomial.
  • Entender unha distribución normal como o modelo dun histograma de frecuencias cando a variable depende de moitos factores independentes.
  • Calcular a probabilidade dunha N(0,1) cambiando os valores de z.
  • Visualizar a tendencia dunha distribución binomial cara a unha normal.

  Autor Ricardo Gutiérrez Ibáñez traducida por Adelino Pose Reino
 
© Ministerio de Educación, Politica Social y Deporte. 2008