O APARATO DE GALTON
Probabilidade
 

5. O aparato de Galton-i

Esta escena representa o aparato de Galton, no cal unha bóla ao caer choca cun obstáculo e pode pasalo pola esquerda ou dereita con igual probabilidade. Despois de varios obstáculos remata nunha caixa.

Para ver caer outra vez a bóla pica en 'inicio' e 'animar'.

1. - Repite o proceso 'inicio' 'animar' para ver caer varias bólas e observa o resultado final.

2. - Fíxate se é máis doado que a bóla chegue a unha caixa ou a outro

Responde na túa folla de traballo ás seguintes cuestións:

1.    ¿Onde cae a bóla máis veces, no centro ou nos lados?

2.    ¿Onde cae a bóla máis veces, na parte dereita ou na esquerda?

3.    ¿Que ten que pasar para que a bóla caia nun das caixas do extremo?

4.    Se só hai 4 filas de obstáculos, calcula cántos camiños diferentes levan a cada un das caixas. (Cada bifurcación pódese representar por I-D)


6. Aparato de Galton-ii

Esta escena é como a anterior, pero funciona soa picando en 'animar'. Queda rexistrado o número de bólas que aparece en cada caixa.

1.- Repite a experiencia con valores maiores de 100.

2.- Repitea experiencia con valores menores de 100.

Responde na túa folla de traballo ás seguintes cuestións:

1.    ¿Onde cae a bóla máis veces, no centro ou nos lados?

2.    ¿Onde cae a bóla máis veces, na parte dereita ou na esquerda?

3.    ¿Que ten que pasar para que a bóla caia nun das caixas do extremo?

4.    Para valores de N grandes, ¿como é a distribución de bólas nos caxetines?.¿Por que?


  Autor Ricardo Gutiérrez Ibáñez traducida por Adelino Pose Reino
 
© Ministerio de Educación, Politica Social y Deporte. 2008