ESTABILIZACIÓN DE FRECUENCIAS | |
Probabilidade | |
1.A frecuencia relativa dun suceso e a probabilidade | ||
Nesta escena represéntase a frecuencia relativa dunha determinada cara cando lanzamos N (Nº de lanzamentos) veces un dado. |
||
1.- Dálle a N (Nº lanzamentos) valores pequenos e valores moi grandes e observa a gráfica. 2. - Repite varias veces a experiencia cambiando o valor de N. 3. - Observa como se estabiliza a frecuencia relativa achegándose a un número que neste caso é 1/6 e chámase probabilidade. |
||
Responde na túa
folla de traballo ás seguintes cuestións: 1. ¿Que pasa coa frecuencia relativa dun suceso cando se repite moitas veces un determinado experimento aleatorio. 2. ¿Que quere dicir que a probabilidade de obter un cinco ao lanzar un dado é igual a 1/6. 3. ¿Cando se estabiliza mellor a frecuencia relativa, cando o número de probas N é grande ou pequeno?. 4. ¿Segundo o anterior, cál será a probabilidade de obter unha cruz ao lanzar unha moeda?. |
2.Probabilidade de dous sucesos contrarios | ||
Esta escena representa a frecuencia relativa de dous sucesos contrarios, cara e cruz nunha moeda.. | ||
1. - Observa a frecuencia relativa dos sucesos cara e cruz. 2. - Repite a experiencia aumentando o número de lanzamentos N. 3. - Dálle a N valores moi grandes e outros moi pequenos. |
||
Responde na túa
folla de traballo ás seguintes cuestións: 1. ¿Como son as frecuencias relativas dos sucesos cara e cruz?. 2. ¿Que pasa coas frecuencias relativas cando o experimento se repite un número N ''moi grande' de veces?. 3. ¿Cando se estabiliza mellor a frecuencia relativa, cando o número de probas N é grande ou pequeno?. 4. ¿Segundo o anterior, cál será a probabilidade de obter unha cruz ao lanzar unha moeda? 5. ¿E a probabilidade de obter un ouro ao sacar unha carta dunha baralla?. |
|