A DISTRIBUCIÓN BINOMIAL | |
Probabilidade | |
7. A distribución binomial | |
Nesta escena represéntase unha distribución binomial de probabilidade B(n,p). |
|
Características dunha B(n,p): a. - Repetimos n veces un experimento e considérase se se verifica ou non un determinado suceso. b.- A probabilidade de que se verifique o devandito suceso mantense constante e chamámola p c. - As probas son independentes unhas doutras. d. - A variable k é o número de veces que se verifica o devandito suceso e está comprendido entre 0 e n e. - No eixe OX represéntanse os valores de k e en último paso a súa probabilidade |
|
Responde na túa folla de
traballo ás seguintes cuestións: 1. Cambia os valores dos parámetros e observa a función de probabilidade. Podes cambiar o eixe e a escala. 2. Se p=0.5, ¿como son os valores da probabilidade?. 3. Se p=0.5, ¿en que se parecen e en que se diferencian as probabilidades dos resultados do aparato de Galton? 4. ¿Que pasa se p está próxima a 0 ou a 1?. 5. ¿Que pasa se n aumenta? |
8. A binomial tende á normal. | |
Nesta escena represéntase a función de probabilidade dunha distribución binomial, co obxecto de ver a que tende ao aumentar n (nº de pruebas). |
|
1. - Con p=0.5 aumenta
n (nº de probas) e observa a forma da gráfica. 2. - Repite o anterior para outros valores de p. 3. - As gráficas deixan rastro, para eliminalo pica en 'limpar'. |
|
Responde na túa folla de
traballo ás seguintes cuestións: 1. ¿A que tende a curva anterior, ao aumentar 'n'? 2. Para distintos valores de 'p' aumenta 'n' para buscar a gráfica límite. 3. Se p=0.5, ¿para que valor de 'n' a gráfica parece unha campá? 4. ¿E se p=0.8?. ¿E para p=0.2?. |
|