Acceso á páxina principal da unidade

Xeometría

ÍNDICE
 

Introdución

Obxectivos

Transformacións xeométricas

Vectores

Translacións

Xiros

Simetrías

Composición de movementos

Mosaicos

MOVEMENTOS NO PLANO 
INTRODUCIÓN

A unidade que se presenta a continuación pretende facer un percorrido sinxelo a través dos distintos movementos que se poden dar no plano. Para iso, presentamos unha serie de actividades e exercicios cuxo fundamento é, ante todo, desenrolar o aspecto intuitivo co fin de que o alumnado sexa quen de recoñecer na vida cotiá fenómenos relacionados con estes movementos.

Por último, engádese un apartado adicado aos mosaicos e frisos, intimamente relacionados co mundo da arquitectura e do arte en xeral.

OBXECTIVOS

 

  • Coñecer os conceptos de transformación xeométrica e movemento no plano
  • Identificar, clasificar e saber realizar os distintos movementos no plano (translacións, xiros e simetrías)
  • Determinar as distintas características de cada movemento
  • Recoñecer na natureza e na arte formas que se relacionen cos movementos
  • Empregar o ordenador como unha ferramenta máis na clase de matemáticas

  Xosé Anxo Fernández Alonso
 
© Ministerio de Educación, Política Social y Deporte. Año 2009