MOVEMENTOS NO PLANO
Mosaicos
 

1. CONCEPTO DE mosaico


Un mosaico é unha configuración xeométrica coa que se pode encher o plano. Para crealos, podemos partir dun motivo mínimo denominado tesela e, mediante a composición de movementos no plano, ir enchendo a superficie. Existen 17 maneiras diferentes de crear mosaicos, todas elas combiando translacións, xiros e simetrías.

Chámanse mosaicos regulares aos formados por un só tipo de polígono regular e nos que cada vértice do mosaico é vértice dos polígonos que conflúen nel.

Escena elaborada por Ángel Aguirre Pérez

Velaquí dous exemplo de mosaicos regulares. O da esquerda creado a partires de triángulos equiláteros e o da dereita a partir de hexágonos regulares.

Escena elaborada por Ángel Aguirre Pérez

Chámanse mosaicos semirregulares a aqueles que están formados por dous ou máis tipos de polígonos regulares nos que haxa un só tipo de polígono nos puntos medios, é dicir, aquel no que a distribución ao redor de todos e cada un dos vértices é sempre a mesma.
Escena elaborada por Ángel Aguirre Pérez

Move o punto A para aumentar ou diminuir o tamaño dos polígonos.

Escena elaborada por Ángel Aguirre Pérez

2. OS MOSAICOS DE ESCHER

Un dos artistas contemporáneos de máis éxito no chamado "arte matemático" é o holandés Maurits Cornelis Escher (1898-1972), quen a partires, de entre otras influenzas, a súa visita á Alhambra, desenrolou uns preciosos mosaicos. Nas dúas escenas que veñen a continuación podemos observar como se crean as figuras que o pintor holandés plasmou na súa obra Reptiles (1943)
Escena elaborada por Enrique Martínez Arcos

Premendo o botón Animar da primeira escena, poderás observar como se crea cada reptil a partires dun hexágono regular empregando xiros. Na segunda, verás como se crea o mosaico trasladando o motivo inicial ao longo do plano.

Escena elaborada por Enrique Martínez Arcos

         
           
  Xosé Anxo Fernández Alonso
 
© Ministerio de Educación, Política Social y Deporte. Año 2009