MOVEMENTOS NO PLANO | |
Translacións |
|
1. CONCEPTO DE TraNslaciÓn | |
|
|
Na seguinte escena tomamos un punto fixo A (4,1) ao que lle imos aplicar diferentes translacións. 1.- Inicialmente, o vector considerado e o (1,2); como podes ver o seu transformado é o punto A' (5,3). Poderías facer unha hipótese de cómo se pode calcular alxebraicamente ese transformado? 2.- Modifica o vector ata ter o (-1,-3). Cal é o transformado? Corrobora a túa hipótese? 3.- Repite o proceso para os vectores (0,3), (2,-5) e (-4, -1). |
|
Adaptación e tradución dunha escena de Miguel García Reyes |
1.- Mirando a cuadrícula indicavaderno as coordenadas de cada un dos vértices do cuadrilátero ABCD e as do seu transformado A´B´C´D´. Como podes comprobar o que deduciches na escena anterior cúmprese! 2.- Se o vector da translación fose o (3,2), cales serían as coordenas do cuadrilátero transformado? Coa axuda da escena Descartes, comproba os teus resultados. 3.- Repite o proceso para o vector (-1,-2)
|
Adaptación e tradución dunha escena de Miguel García Reyes |
1.- Na seguinte escena realízase unha translación ao chou dun triángulo amarelo que se convirte en vermello. Con todo o estudado con anterioridade, poderías indicar cal é o vector guía de dita translación? 2.- Preme o botón Inicio unha vez e observa que aparecen dous novos triángulos. Debúxaos no teu caderno e averigua o vector guía. 3.- Repite o proceso tres veces máis. |
2. COMPOSICIÓN DE TRANSLACIÓNS |
|||
A composición de dúas translacións de vectores guía U e V é outra translación cuxo vector guía é U+V. |
|||
Consideremos un triángulo de vértices A, B e C. Na 1ª escena imos aplicarlle unha traslación de vector guía U; na segunda, aplicarémoslle ao transformado unha nova translación V |
|||
Por último, nesta terceira escena podemos ver a composición de translación propiamente dita; loxicamente, o vector guía é o U+V e a figura coincide coa obtida na escena 2. |
|||
|
|||
1.- Debuxa no teu caderno o triángulo orixinal. Aplícalle sucesivamente as translacións U (2,-3) e V(-1,2) e indica as coordenadas do triángulo transformado. Emprega a terceira escena Descartes para comprobar os teus resultados. 2.- Repite o proceso para os vectores U (0,-5) e V (6,3) |
Xosé Anxo Fernández Alonso | ||
© Ministerio de Educación, Política Social y Deporte. Año 2009 | ||