Logotipo do proxecto Descartes

Proxecto EDA 2008

Índice
Profesorado

Alumnado

Obxectivos da experiencia

Contidos matemáticos

Aula de computadoras e forma de uso

Unidades Didácticas

Descrición do desenrolo da experiencia

Datos avaliación

Valoración persoal

Indicacións e outras observacións
PRÁCTICA 5: INFORME FINAL
PROFESORADO

Nome: Andrés Piñón Fernández

Centro: IES Salvador de Madariaga

Localidade: A Coruña

ALUMNADO

Grupo: 3º de ESO C

Alumnado: 19 alumnos e alumnas. Dos cales a terceira parte son repetidores ou promocinaron por imperativo legal.

Nivel: heteroxéneo. Un terzo do alumnado ten un nivel bo, outro terzo un nivel medio e o terzo restante ten un retraso considerable e dificultades de aprendizaxe.

OBXECTIVOS

Introducir un cambio metodolóxico a través da utilización de unidades didácticas desenvolvidas con Descartes.

Utilizar material interactivo e desenvolver un deseño de actividades novidoso para darlle un enfoque constructivista ao modelo de aprendizaxe procurando un aprendizaxe s ignificativo mediante a dedución, a elaboración e a expresión do propio coñecemento e a súa comunicación.

Propiciar que o alumnado sexa o principal suxeito do proceso de aprendizaxe, superando o antigo modelo de transmisión e reproducción de coñecemento no que o profesorado tiña o papel principal.

Aumentar a motivación do alumnado e favorecer unha actitude máis positiva cara o estudo

Atender aos diferentes modos e ritmos de aprendizaxe do alumnado

CONTIDOS MATEMÁTICOS

Estudanse as dúas primeiras unidades do proxecto didáctco do departamento: Os números e a súa utilidade I e II.

Na primeira pretendese asentar e reforzar os coñecementos sobres os números, os seus usos e a súa operativa.

O obxectivo na segunda é a comprensión das diferentes formas de expresar os números,as súas operacións e a súa utilización. Tratase tamén a cuestión das aproximacións e da medida dos erros cometidos.

Unidade 1. Os números e a súa utilidade I.

1.1. Números enteiros
1.2. Números racionais
1.3. Operacións con fraccións
1.4. Potenciación
1.5. Raíces exactas
1.6. A fracción como operador

Unidade II. Os números e a súa utilidade II.

2.1 Números decimais
2.2 Paso de decimais a fraccións
2.3. Números racionais e irracionais
2.4. Radicais
2.5. Notación científica
2.6. Números aproximados e erros
2.7. Porcentaxes
2.8. Xuro composto

AULA DE COMPUTADORAS E FORMA DE USO

A aula que se utilizou dispon de 17 computadoras con procesador AMD Athlon 64 X” Dual Core 5600+, 2 GB de RAM, 80 GB de disco duro, TFT de 17” con altofalantes incluídos. O sistema operativo é Windows XP SP3.

Todos os ordenadores están conectados a rede do centro e teñen conexión directa a internet. Empregouse como navegador o Firefox 2.0.

Incialmente os ordenadores estaban dispostos en U, coa mesa do profesor e un encerado na cuarta parede. Dúas semana antes do remate da experiencia o encargado da aula decidiu cambiar a disposición en poñer as computadoras en filas mirando ao encerado e á mesa do profesor.

A aula utilizase para impartir a optativa de 4º de ESO e a informática de 1º de bacharelato, ademais tamén se utiliza para outras clases segundo un horario que está a disposición do profesorado. Isto motivou que a experimentación na aula só se puidese desenvolver durante tres sesións das catro sesións semanais. 

UNIDADES DIDÁCTICAS
Para cubrir os contidos utilizáronse actividades de varias unidades didácticas da web Descartes, as que se accede seguindo as indicacións das folllas de traballo. Pódese acceder ao contido completo desde o seguinte enlace:

../../../../../eda2008/profesores/practicas_eda2008/alumnos/pfa_p3/unid_did.html

  Andrés Piñón Fernández
Logotipo de final de páxina  
© Ministerio de Educación, Política Social y Deporte. Año 2008