Logotipo do proxecto Descartes

Proxecto EDA 2008

ÍNDICE
  Do proceso

Dos contidos

AVALIACIÓN
DO PROCESO

Enquisa inicial

Antes de comezar a experimentación pasouse unha enquisa inicial para establecer a situación de partida do alumnado no tocante a interese polos estudos, opinión sobre a materia, grao de motivación e sobre a súa relación cos ordenadores e a informática.

Resultado da enquisa inicial

Enquisa final

Ao rematar a experiencia pasouse unha enquisa final para coñecer o grao de satisfacción do alumnado coa mesma e a súa opinión ao respecto.

A valoración que fixeron dos distintos apartados foi bastante positiva, sobre todo nos aspectos relativos a instalacións e software empregado (Applet Descrates) no que o grao de satisfación foi moi alto.

Gráfica de valoración das instalacións 

Gráfica de valoración do software empregado

Sen embargo as respostas non son iguais de claras ante o emprego de programas e internet tanto na clase como na propia casa. A media reflicte unha grande indecisión porque aínda que si teñen claro que lles gustaría utilizar o ordenador noutras clases, non o teñen tanto se se pregunta por a súa utilización na casa. Probablemente non teñan suficiente confianza en si mesmos como para afrontar o aprendizaxe de forma autonoma e sintan a necesidade de que un profesor ou profesora os encamiñe e os tutorice.

Gráfica da valoración do aprendizaxe

Teñen a percepción de que o aprendizaxe foi máis intenso e fructifero e son poucos os inconvenientes que lle ven a esta metodoloxía. 

A maioría pensa que lles resulta máis fácil e divertido, aínda que tamén un alumno prefire o "método de sempre", outro vota en falta as explicacións do profesor e a outro que non lle resultou cómodo.

Gráfica da actitude

En resume, estan moi contentos coa experiencia, e sobre todo queren continuar con ela. Aínda que haberá que descontar deste entusiasmo as poucas ganas que teñen de volver a un método maís tradicional. 

Resultado da enquisa final

DOS CONTIDOS

Fixeron dúas probas escritas con exercicios similares aos dos demáis grupos de 3º, pero con menos materia. Os resultados obtidos nestas probas forón bastante alentadores porque melloraron as expectativas de partida. O 56% aprobou estes exames, outro 22% obtivo notas por eriba do 3,5 e o 22% restante notas inferiores. No obstante este último grupo esta formado por alumnos e alumnas de caracteristicas especiais, con dificultades de aprendizaxe ou cun baixo nivel de anos anteriores.

Ademais das probas escritas, valorouse o traballo desenvolvido na clase e a actitude amosada. Na nota da avaliación ponderáronse os resultados das probas escritas cun 40%,  a valoración das follas de traballo feitas na clase con outro 40% e a actitude cun 20%.

Modelo de rexistro de avaliación

Na valoración das follas tivose en conta en conta aspectos como a orde, limpeza, contidos, claridade, exemplos, orixinalidade e afondamento nos contidos.

Modelo de rexistro de follas de traballo

Na actitude inflúe a asistencia a clase, o interese amosado, a constancia, o esforzo, o comportamento cara aos compañeiros e ao profesor e  a súa integración an clase.


  Ir á páxina de inicio Ir a desenrolo Ir a valoración personal      
           
  Andrés Piñón Fernández
Logotipo de final de páxina  
© Ministerio de Educación, Política Social y Deporte. Año 2008