Esquema do diario de clase.
Anotacións máis relevantes.
Caderno de
clase
No
enlace anterior
pódese acceder ao caderno de clase utilizado, coas
sesións de traballo na aula de informática e na clase do grupo e as
follas de traballo utilizadas en cada unha.
Antes
de empezar a
utilizar as follas explicouse como traballar con
elas, como se accedía ás unidades didácticas e aos recursos. Fixen paso
a paso a primeira folla de traballo, números enteiros (1.10),
guiándoos en todos momento e dicíndolles o que tiñan que escribir e os
exemplos que podían poñer.
Na
seguinte sesión
estiven pendente de que todos accedesen sen
problemas, pero case non foi necesaria a miña intervención, deseguida
accederon as páxinas indicadas e con bastante soltura. So algunha vez
tiven que aclarar cal era a unidade á que tiñan que acceder porque
había dúas de nome similar.
Nas
primeiras clases
trataban de escribir as respostas moi rápido sen
reflexionar sobre o que estaban a facer e iso notouse nas follas
entregadas. Tiven que insistir moito e ir un por un tratando de que se
centraran en entender as explicacións e facer as actividades propostas
antes de cubrir a folla de traballo.
A
partir das catro
primeiras sesións xa se acostumaron a esta forma de
traballar e non houbo apenas problemas coas follas ou as unidades
didácticas.
Pódese consultar a práctica 4 para ver as incidencias xurdidas
desenrolo da actividade.
O
desenvolvemento
desta experiencia viuse afectado por problemas meus,
perdendo dúas semanas de clase en novembro, o que motivou que tivera
que prolongar a experimentación ata as vacacións de Nadal, deixando sen
ver dous dos apartados previstos: porcentaxes e xuro composto. Estou
motivou tamén a perda do ritmo que se alcanzará nas primeiras semanas e
que o tivésemos menos tempo do inicialmente previsto.
Dada a proximidade da
avaliación, a primeiros de decembro deixei tempo
para repasar algún dos contidos que viran, sobre todo aqueles nos que
tiñan dificultades, atopándonos coa sorpresa de que a unidade de
Potencias cambiara por completo, mellorando moito con respecto a
inicial pero facendo imposible utilizar as follas deseñadas nun
principio.
Metodoloxía empregada.
Para o desenvolvemento
da experiencia utilizáronse follas de traballo que cubrían todos os
apartados do deseño curricular do departamento. Estas fichas permiten que o alumnado traballe de forma autónoma.
A través das
actividades van traballando os diferentes contidos e procedementos do
tema. O modo de traballo obrígalles a reflexionar sobre o que están a
facer, e elaborar as súas propias conclusións, a ordenalas e
clasificalas, a comunicalas e, en definitiva a construír deste xeito o
seu propio coñecemento.
Ademais do traballo
persoal do alumnado, e en sesión conxuntas, tratáronse os puntos máis
difíciles ou conflitivos e resolvéronse as dubidas que iban xurdindo. O
profesor intentou aclarar estes aspectos para todo o grupo mediante
explicacións no encerado, ou ben utilizando escenas de Descartes ou
actividades complementarias.
Tamén se fixeron
sesión de posta en común, unha a semana, nas que se comentaban as
follas traballadas e tratábase de unificar os resultados obtidos.
Mediante follas de traballo con exercicios de adestramento, que se
facían na aula do grupo, tratouse que colleran práctica na aplicación
dos contidos aprendidos dun xeito máis tradicional evitar así unha
diferencia demasiado grande con respecto a os outros grupos de 3º de
ESO.
Por último, para
tratar de atender aos diferentes tipos de aprendizaxe, propuxen follas
de traballo con exercicios máis sinxelos a algún dos rapaces e rapazas
que teñen máis dificultades e outras con exercicios máis complexos aos
que estaban máis avanzados.
Follas
de traballo utilizadas. Observacións sobre o seu uso.
Na
experimentación non se utilizan unidades didácticas do proxecto
Descartes concretas, se non que se traballa sobre actividades de varias
unidades distintas. Isto fai que sexa un pouco máis pesado acceder ao
material porque está distribuído en distintas páxinas, pero compensa o
feito de que ningunha cobre todos os contidos que se queren tratar.
Ao principio apenas
poñían exemplos do que estaban a facer e cando o facían, limitábanse a
copiar os que aparecían na unidade didáctica.
Trataban de realizar todas as operacións
utilizando escenas, aínda que non estivesen pensadas para iso, sen
reflexionar sobre o que estaban a facer e sobre os resultados que
obtiñan.
Cústalles moito verbalizar ou escribir o que saben. Son quen de aplicar
coñecementos e procedementos aprendidos en anos anteriores, pero son
incapaces de expresar dun xeito claro, oralmente ou por escrito, o que
estan a facer.
Cústalles tamén seleccionar, ordenar ou relacionar coñecementos para
aplicalos en situacións novas distintas nas que os usaron inicialmente.
Falta de iniciativa para investigar pola súa conta. Están afeitos a un
tipo de traballo máis mecánico polo que cando teñen que tomar algunha
decisión ou tentar algunha alternativa quedan parados, sen probar
outros camiños ou outras estratexias, botando man do recurso que antes
utilizan que é o de preguntar ao profesor.
Neste sentido, é curioso observar como lles resulta máis cómodo
preguntar ao profesor que a algún dos seus compañeiros, este é un
aspecto a considerar no deseño de estratexias de aula encamiñadas a
cambiar esta costume.
Unha vez habituados xa non houbo problemas coas
follas nin coas unidades, centrándose só as dubidas nos
contidos ou nos procedementos.
Estratexias utilizadas na
resolución de incidencias relevantes.
O principal problema
atopado foi a falta de hábito en traballos deste tipo. O alumnado esta
acostumado a ser un suxeito pasivo na clase e a, como moito, facer os
'deberes' que se lle indican. Polo que as primeiras fichas que me
entregaban foron desastrosas, pouco máis que telegramas onde se copiaba
directamente das unidades didácticas sen elaboración ningunha. Tiven
que adicar bastante tempo a explicarlles que é o que se esperaba deles,
e ir un por un monitorizando o seu traballo.
Ademais disto algún dos alumnos e alumnas tomaron a experiencia coma
unha competición o que fixo que avanzaran a un ritmo moito máis rápido
ca outros, ademais o grupo de alumnos e alumnas é moi heteroxéneo e
isto agrava máis a situación. Para solventar estas diferenzas de ritmos
de traballo facilitei aos máis 'rápidos' novas fichas de traballo con
diferentes niveis, nas que lles propuxen exercicios de adestramento
habituais nas clases tradicionais.
As clases foron esgotadoras, e moitas veces non daba a basto para
atendelos. Por iso deleguei en algúns dos máis adiantados
para que axudasen aos seus compañeiros. Sen embargo algún deles non era
moi correctos cos demais e perdían a paciencia moi rápido.
Este é un tema que haberá que traballar máis para conseguir un bo
funcionamento como grupo e que consideren aos compañeiros como un
elemento de aprendizaxe máis, coa mesma importancia ou máis que o
profesor.
|