Logotipo do proxecto Descartes

Proxecto EDA 2008

 
 

Indicacións sobre cambios na unidade


Observacións

OBSERVACIÓNS
INDICACIÓNS SOBRE POSIBLES CAMBIOS NA UNIDADE
Un dos principais atrancos da experimentación foi provocado polo deseño da mesma. O feito de ter que acceder a varias unidades distintas provocou certa incoherencia nas actividades e causou algunhas dificultades e confusión. Por iso sería recomendable o desenrolo de unidades didácticas acordes có proxecto didáctico do departamento. Pódese partir de unidades existentes, modificándoas e engadindo actividades, para adaptalas as características e necesidades do alumnado.

Por outra banda, quedoume a sensación de que onde mais proveito se lle pode sacar as escenas feitas con Descartes é en contidos nos que a utilización de gráficos dinámicos e interactivos revélase fundamental para a comprensión da materia, superando con moito o que se pode facer có xiz e o encerado. Neste aspecto, creo que a elección de dúas unidades de aritmética non foi a máis axeitada e debería ter escollido algún dos temas de funcións ou de xeometría.

Por isto parece aconsellable engadir actividades desenvolvidas con outras ferramentas que poden ser mais axeitadas en contidos de aritmética, álxebra, estatística ou xeometría. Por exemplo, actividades feitas con software de xeometría dinámica (Geogebra, Regla y compas, ...), con software de cálculo simbólico (MathCad, Derive, ...), software de representación de funcións (Graph), etc.

Quizais con Descartes 3D se poidan mellorar moitas das escenas desenvolvidas co 2D e deste xeito ampliar o rango de aplicacións das escenas feitas có applet de Descartes.
OBSERVACIÓNS

Aínda que o resultado da experimentación levada a cabo foi, en liñas xerais, moi positivo, tamén hai que falar de aspectos negativos. O maior defecto que vexo é que se trata dunha iniciativa illada, desconectada da forma de traballar do resto de compañeiros do departamento e doutros departamentos. Sería fundamental a implicación de todos na procura dun cambio metodolóxico.

A coordinación e a implicación do profesorado de matemáticas, e tamén do resto de departamentos, faise imprescindible. Sen unha aposta decidida neste sentido as iniciativas que se leven a cabo quedan como anecdóticas e, aínda que moi loables, non deixan de ser só o traballo individual de persoas voluntariosas, ilusionadas co seu traballo pero con pouca repercusión no resto e probablemente cheguen a ser contraproducentes.

Esta implicación é fundamental tamén para garantir a continuidade e a xeneralización deste tipo de experiencias.

Esta claro que non ten que ver co deseño da experimentación levada a cabo nin co seu resultado, pero sen unha verdadeira implicación de todos os docentes non se poderá conseguir un cambio metodolóxico que mellore o aprendizaxe do noso alumnado.



  Ir á páxina de inicio Ir a valoración personal        
           
  Andrés Piñón Fernández
Logotipo de final de páxina  
© Ministerio de Educación, Política Social y Deporte. Año 2008