Logotipo do proxecto Descartes
Proxecto EDA 2008

Consecución dos obxectivos 

Utilidade de Descartes

Conclusións

VALORACIÓN PERSONAL

Consecución dos obxectivos do curso e grao de satisfacción coa experimentación.

En liñas xerais a experiencia resultou satisfactoria, tanto para o alumnado como para min, superando a expectativas que tiña sobre o seu resultado.

Sobre todo destacaría a boa acollida e a boa resposta do alumnado, gústalles esta maneira de aprender e nótase, non so no rendemento se non sobre todo na actitude. Alumnos e alumnas que non tiñan unha boa experiencia coa materia están agora interesados e motivados, medrou considerablemente o seu 'afecto' pola materia e isto por si só xa xustificaría o esforzo e a aposta realizada.

Pero tamén se nota melloría no seu aprendizaxe, durante estas semanas traballaron nas matemáticas. Pasaron de ser espectadores nunha clase tradicional a ser os actores principais no proceso educativo, traballando con materiais que lle permitiron ir construíndo o seu propio coñecemento. O cambio de modelo pedagóxico é evidente e bo.

Pódense poñer varios inconvenientes a este modelo, que leva moito tempo, moito traballo tamén, que non se pode abarcar todo o programa, que non se fan suficientes exercicios de adestramento, etc, etc. Pero todas as desvantaxes que se lle podan atribuír quedan amplamente superadas polos beneficios expostos nos apartados anteriores.

Os obxectivos están pois conseguidos con creces a pesar das imperfeccións e erros cometidos por min no deseño e no desenvolvemento da experimentación.

O alumnado respostou mellor que o profesor ante este reto e fixo que cambiarán a miña perspectiva e as miñas expectativas e que superara os medos e as reticencias ante o cambio metodolóxico.

Influencia e utilidade dos materiais do proxecto Descartes no cambio de modelo pedagóxico.

A utilización dos materiais do proxecto Descartes propicia este cambio de enfoque no tradicional modelo educativo. Mediante as unidades didácticas e as actividades propostas posibilítase que o alumnado traballe dunha maneira máis produtiva, cun enfoque constructivista no que o suxeito vai construíndo o seu coñecemento interactuando cuns materiais deseñados a tal fin.

Ademais  estes materiais estan accesibles en calquera momento e desde calquera lugar polo que permiten continuar coa formación máis aló da clase e do horario lectivo. 

As unidades didácticas poden ser utilizadas como están ou ben adaptadas as características dun grupo concreto sen necesidade de moitos coñecementos e cobren a meirande parte da materia na ESO e no Bacharelato.

Conclusións e perspectivas de futuro.

A vista dos resultados estou animado a continuar con esta maneira de traballar. As próximas unidades didácticas tamén as traballaremos utilizando a páxina de Descartes, e aínda que probablemente so vaiamos 2 sesións a semana a aula de computadoras, seguiremos co mesmo método de traballo, pulindo as deficiencias e superando os erros cometidos.

Para que fose unha experiencia máis proveitosa gustaríame poder contar có apoio e a colaboración dos compañeiros de departamento, pero isto non depende de min, e o tipo de centro e as dinámicas de traballo adquiridas fan que se poida crear un bo grupo de traballo que lle de consistencia e continuidade a este tipo de iniciativas. Nas observacións comentarei de novo este aspecto que é de vital importancia, pero non está directamente relacionado coa actividade.


  Ir á páxina de inicio Ir a avaliación Ir a observacións  
 
             
  Andrés Piñón Fernández
Logotipo de final de páxina  
© Ministerio de Educación, Política Social y Deporte. Año 2008