TRANSLACIÓNS |
|
Xeometría |
|
1. TRANSLACIÓN SEGUNDO UN VECTOR. |
|
Observa a escena. Unha translación de vector guía V transforma un punto A en outro A´ tal que os vectores V y AA´ son equipolentes. Se trasladamos todos os puntos da figura mediante un vector guía V a nova figura é igual á orixinal pero está situada noutra posición. Na escena Descartes o triángulo ABC se transforma en A´B´C´ pola translación de vector V, de coordenadas Vx y Vy Modificando cas frechas os compoñentes dese vector guía se obteñen diferentes translacións do triángulo. |
|
|
- Calcula mirando a cuadrícula as coordenadas de cada uno dos vértices do triángulo ABC : A=( , ); B=( , ); C=( , ) e tamén, as coordenadas dos vértices homólogos A´B´C´: A´=( , ); B´=( , ); C´=( , ) Atopas algunha relación entre esas coordenadas e as do vector guía V=( , )? ….................................................................................................... - Representa no teu caderno o triángulo ABC e os transformados A´B´C´ cando o vector guía é (-2,1) Comproba despois na escena os resultados. -O mesmo para o vector guía (3,-1) -O mesmo para o vector guía (5,2) -(O mesmo para o vector guía 5,-2). |
2. VECTOR GUÍA DUNHA TRANSLACIÓN |
|
No seguinte escenario realízase unha translación ao chou do triángulo azul que se converte no turquesa. Trátase de calcular qué coordenadas ten o vector guía causante de dita translación. |
|
|
|
- Preme no botón Inicio unha vez na escena esquerda e observa ambos triángulos. Debúxaos no teu caderno e intenta calcular as coordenadas do vector guía da translación. Comproba na escena dereita se as coordenadas que calculaches son correctas, e no caso de non acertar búscaas por tanteo cambiando as coordenadas do vector guía ata que o triángulo turquesa estea situado na mesma posición que na escena esquerda. Repite esta operación cando menos 10 veces. |
3. COMPOSICIÓN DE TRANSLACIÓNS |
|
A composición de dúas translacións de vectores guía U e V é a translación que resulta de facer esas dúas translacións unha a continuación da outra. Coincide coa translación de vector guía U+V. Imos observar esta coincidencia nesta escena Descartes: |
|
|
|
-
Preme no botón Inicio da escena e mira cada unha das
figuras e as translacións que sofren o triángulo
azul e o turquesa. |
|
|
|
|
|||
|
|
|
|
|
|
Unidade de Miguel García Reyes traducida e adaptada por Paula Blanco Mosquera |
|
|
|
© Ministerio de Educación. Año 2001 |
|
|
|
Los
contenidos de esta unidad didáctica están bajo una
licencia
de Creative Commons si no se indica lo contrario.