Miguel A. Rodríguez Méndez IES Macías O Namorado. Padrón. |
|
Todas las Unidades | Imprimir | Inicio |
Exercicios |
Se desexas darlle un repaso ao tema preme aqui. 1.- Explica o significado do concepto físico de campo. Cal é a diferencia entre un campo escalar e un campo vectorial?. Qué entendes por campo conservativo? |
2.- Razoa cal das tres seguintes afirmacións é verdadeira: a) Os campos conservativos só poden ser escalares ; b) Os campos conservativos só poden ser vectoriais ; c) Os campos conservativos poden ser escalares ou vectoriais. |
3.-
Cómo se poden representar os campos escalares? E os campos vectoriais? |
4.-
En todo campo conservativo a súa dirección é: a) Paralela ás superficies equipotenciais ; b) Perpendicular a ditas superficies ; c) Forma con elas un ángulo de 45º ;d) Nada do dito é correcto xa que o campo e as superficies equipotenciais non teñen relación. |
5.- Define intensidade de campo. Relaciona o seu módulo en cada punto coa representación gráfica ó longo das correspondentes liñas de campo. 6.- Di se é verdadeiro ou falso: A) No teorema da enerxía cinética, o traballo inclúe exclusivamente o realizado polas forzas conservativas. B) No teorema da enerxía potencial, o traballo engloba ó realizado por todo tipo de forzas. C) O traballo realizado polas forzas conservativas sobre un corpo coincide sempre coa variación que experimenta a súa enerxía cinética. D) O traballo realizado polas forzas conservativas sobre un corpo coincide coa diferencia da súa enerxía potencial final menos a inicial. 7.- O campo gravitatorio é conservativo; Existe enerxía potencial gravitatoria? O campo electrostático é conservativo; Existe enerxía potencial electrostática? O campo magnetostático non é conservativo; Existe enerxía potencial magnetostática? A forza de rozamento non é conservativa; Existe enerxía potencial asociada a dita forza? 8.- Se A é un campo vectorial indaga se as tres seguintes afirmacións son equivalentes entre si ou non: a) A é o gradiente dunha certa función potencial; b) Toda integral de liña de A é independente do camiño; c) A integral curvilínea de A ó longo de toda traxectoria pechada é nula. 9.- O potencial dun campo conservativo ven dado pola expresión ? = x2y + 2xy2 + 5xz. Calcula: a) A intensidade de campo; b) A circulación do campo ó longo da liña recta que une os puntos A(1,3,0) e B(2,6,0). 10.- Unha partícula xira con velocidade constante, describindo unha circunferencia de radio R, debido a unha forza de tipo central. Calcula o traballo realizado por dita forza nunha volta.
|