Fraccións equivalentes
As fraccións
 

1. Fraccións equivalentes, número racional.

Fraccións equivalentes son as que representan o mesmo valor.
Sabemos que hai diversas divisións que dan o mesmo resultado. As fraccións equivalentes teñen distinto numerador e denominador, pero valen o mesmo.
Cada fracción ten infinitas outras fraccións equivalentes a ela.

Número racional é todo valor que pode ser expresado mediante unha fracción.
Todas as fraccións equivalentes entre sí expresan o mesmo número racional.

Esta unidad interactiva requiere la máquina virtual de Java J2RE. Para obter outra fracción equivalente a unha dada basta con multiplicar ou dividir os seus termos polo mesmo número.

Nesta escena aparece unha fracción e a súa representación gráfica mediante sectores circulares.

- Marca o numerador e denominador de outra fracción equivalente a ela.

- Cando a túa resposta sexa correcta verás que as súas representacións gráficas corresponden.

- Ao picar sobre inicio aparecerá outra fracción diferente. Realiza esta actividade varias veces.

 


       
           
  Eduardo Barbero Corral (traducción ó galego de Emilio Pazo Núñez)
 
© Ministerio de Educación. Año 2004
 
 

Licencia de Creative Commons
Os contidos desta unidade didáctica están baixo unha licenza de Creative Commons se non se indica o contrario.