|
En
Matemáticas sempre debemos buscar o máis simple, o
que non é
necesario estorba e si podemos debemos eliminalo simplificando esa
expresión.
O signo positivo dun número soamente o poremos cando sexa
imprescindible. Desta maneira, ao sumar números enteiros
integramos os signos dos números cos signos de
sumar, ata formar algo semellante a unha serie de sumas e
restas.
Resolve
estas sumas distribuíndo os números de debaixo
sobre os círculos correspondentes.
Picando sobre os triángulos de debaixo
da escena podes ver o paso intermedio para resolvelas, que é prescindir
de paréntesis e de signos innecesarios.
|
Ao picar sobre inicio aparecen outras sumas. |