O conxunto dos números enteiros
Operacións con números enteiros I
 

1. Os conxuntos de números

Os números naturais. O conxunto N.

Entendemos por número a expresión dun valor, a cuantificación dunha magnitude.
Os números naturais expresan valores referentes a cousas enteiras, non partidas, os números naturales van de un en un dende o 0, non admiten a partición das unidades, e soamente expresan valores positivos.
N={0, 1, 2, 3, 4, 5, 6, ... ... ...}

Pero ¿Cómo expresar con números a altura e a profundidade, as riquezas e as débedas, as gañanzas e as perdas, a temperatura por riba ou por baixo o punto de conxelación do agua? ...
Os números enteiros.

En certas ocasións necesitamos expresar valores que están antes ou por debaixo do valor que consideramos punto de partida ou valor cero.
Faise necesario ampliar o conxunto dos números incluíndo tamén os negativos, para elo engadimos ao número natural un signo + ou - .
Desta maneira xurden os números enteiros, que expresan valores que van de un en un, pero permiten expresar valores positivos e tamén valores negativos.

Escritura dun número enteiro. O conxunto Z.
Na expresión escrita dun número enteiro consideramos duas partes: o signo e o valor absoluto.
Nomeamos ó conxunto dos números enteiros coa letra Z


Z
={... ... ... -7, -6, -5, -4, -3, -2, -1, 0, +1, +2, +3, +4, +5, +6, ... ... ...}

O conxunto dos números enteiros é ilimitado no sentido dos negativos e no sentido dos positivos.
Os números naturais están incluidos nos números enteiros, son os enteiros positivos.

É convinte buscar a forma máis sinxela de expresar un número, por eso, para escribir un número enteiro positivo é preferible non poñer o signo + e deixalo en forma de número natural.
Outros conxuntos de números máis amplos.
Seguramente coñeces tamén os números decimais e os racionais, también hai outros máis, que estudiarás máis adiante, todos eles xurdiron para poder expresar valores que non se podían poñer empregando os números recoñecidos ata entón. Os conxuntos de números máis amplos inclúen dentro de eles aos anteriores.

2. Representación gráfica de números enteiros.

Os números enteiros os representamos mediante puntos sobre unha recta, para elo debemos fixar a posición do punto 0 e o tamaño do segmento unidade, que será o segmento que levaremos sobre a recta sucesivas veces segundo o valor do número. Os números positivos os colocamos á dereita e os negativos á esquerda.
Se a recta está en vertical colocamos os positivos arriba e os negativos 
debaixo.

Coloca sobre a recta os puntos de debaixo.

3. Ordenación de números enteiros.

Ordena de menor a maior.

         
           
  Eduardo Barbero Corral (traducción ó galego de Emilio Pazo Núñez)
 
© Ministerio de Educación. Año 2005
 
 

Licencia de Creative Commons
Os contidos desta unidade didáctica están baixo unha licenza de Creative Commons se non se indica o contrario.