Autor: Xosé A. Alonso |
REPOUSO E MOVEMENTO. SISTEMA DE REFERENCIA |
Estudaremos o movemento desde o punto de vista cinemático, é dicir, sen ter en conta as causas que o producen.
Un problema que se presenta ao estudar os movemento é a dificultade para determinar se un obxecto se encontra en repouso ou en movemento, e no caso de estar en movemento, á dificultade para especificar a súa traxectoria.
O lugar desde onde se observa o movemento do móbil é un sistema de referencia. Dise que un corpo está en MOVEMENTO, se, no transcurso do tempo, cambia a súa posición respecto a un punto de observación, chamado, SISTEMA DE REFERENCIA(SR). En caso contrario, dise que o obxecto está en REPOUSO.
O estado e tipo de movemento depende do sistema de referencia adoptado.
Por exemplo, a Lúa ten un movemento circular para un SR con orixe no centro da Terra, pero este mesmo movemento ten unha traxectoria máis complexa, respecto de outro SR, con orixe no centro do Sol. Avanza a próxima páxina e o poderás visualizar.