
| Estatística Descriptiva Actividades sobre Medidas de Centralización y Dispersión.  | 
    
MEDIA PONDERADA
           
Aquí tes unha táboa incompleta. Son tres exemplos distintos do
que seguimos ata agora.
Pasa dun exemplo a outro fixándoche ben
tanto nas semellanzas coma nas diferenzas entre os tres.
  
  
Actividades: 
  
4.1. -
Toma nota na túa folla
de traballo e completa as tres táboas, cada unha na metade
superior dunha páxina.
        ( Na metade inferior de cada unha das
tres páxinas contesta ás seguintes preguntas:)
4.2- Calcula a media.
4.3- ¿ Que vale a mediana ?
4.4- ¿ Que valor ten a moda ?.
4.5. - Para as tres series estatísticas: ¿ Ten sentido falar de deciles, percentís, etc... ?
ACTIVIDADE 5
CONTROL
       
Imos ver un resumo de todo o anterior. Tes 10 minutos. Fíxate ben en cada columna, porque logo terás que contestar de forma individual a un test de 20 preguntas nun tempo máximo de 5 minutos. Se rematas antes do tempo límite entrégasllo ao profesor, porque iso te favorecerá.
[Esta escena non admite cambio en ningún valor das frecuencias].
  
Actividades: 
  
5.1.- CONTROL 
SOBRE  OS DATOS DA  ESCENA. 
         Exemplo: ¿ Qué
frecuencia absoluta corresponde a unha frecuencia relativa
acumulada do 41.38 % ? 
         Pasa
a túa folla de traballo
a tabóa  da escena  en cuanto entregues o control
realizado. 
ACTIVIDADE 6
DESVIACIÓNS
Xa achaches a media (ponderada) da serie estatística que estamos a estudar. Deuche un valor de 1717.24.
Imos
ver unha columna máis, a de Desviacións. 
  
        
  
Actividades: 
  
6.1.- Traslada a túa folla de traballo a taboa de datos anterior ( sen variar as frecuencias absolutas ).
6.2.- ¿Cal é a desviación que corresponde a unha frecuencia absoluta de 10 ?, ¿ e a que corresponde a un valor de 3000 Euros?. ¿Por que teñen distinto signo ?.
6.3.- ¿Cal é a frecuencia absoluta que corresponde á mínima desviación?, ¿ e á máxima?.
6.4. - Ao variar o valor de n4 sen variar o de n7... ¿ que aconteceu ?. Coméntao brevemente na folla de traballo.
6.5.- ¿ Por que a
suma dos produtos ni.(xi-x) é sempre igual a cero ?. Coméntao.
  
Autor: Ángel 
Prieto  Benito traducida por Adelino Pose Reino 
  
| © Ministerio de Educación, Politica Social y Deporte. 2008 | ||