
| Estatística Descriptiva Actividades sobre Desviación típica.  | 
    
CÁLCULO DA DESVIACIÓN TÍPICA
Recorda: O PERCORRIDO é unha medida de dispersión. Nos indica os valores que pode tomar a variable xi. Será por tanto a diferencia entre o máximo valor de xi e o mínimo. En noso exemplo: R=3000-600 = 2400.
       
A columna  dos productos   ni.(xi-x)2   
é a columna  da 
VARIANZA. Se  a  suma de todos esos productos  a
chamamos  S  e  N é
o número de  modalidades, clases ou valores da variable xi,
entón: 
  
  
|                                      
        S  VARIANZA = Vx = -------- N  | 
    
        
Se a Media e a medida máis importante de Centralización, a
Desviación Típica é a
máis importante das Medidas de Dispersión.
  
 
           Vimos 
como: 
  
| Desviación típica = Raíz cadrada da Varianza | |
  | 
    
Actividades: 
7.1. - Traslada a túa folla de traballo a táboa de datos anterior.
7.2. - Fai un gráfico na túa folla de traballo.
7.3 Sinala ben sobre o eixe das X o valor da media ( 1717.24 ). Sinala agora os seguintes puntos sobre o eixe X: Media - Desviación típica; e Media + Desviación típica.
7.4 Levanta dúas liñas verticais dende os dous puntos sinalados anteriormente. Observa e raia a área das columnas que abranguen esas dúas liñas.
7.5 ¿Está feito?. Pois ben, esa área que raiaches é a 68,3% da área total das sete columnas. Dito doutra forma, das 145 c.c. que existen, o 68,3% destas, unhas 100, teñen un valor comprendido entre (Media- Desv. típ) e (Media + Desv. tìp.)
ACTIVIDADE 8
SENTIDO
XEOMÉTRICO DA DESVIACIÓN TÍPICA 
  
Se tiveches
dificultades para realizar o gráfico no teu caderno, pódeste
axudar pola seguinte escena. Iso si, procura primeiro facelo sen
esa axuda; e aínda necesitándoa, non pases páxina sen
entendelo e sen esforzarche en realizar o debuxo coa mínima
axuda posible.  
Actividades: 
 8.1  Copia na túa
folla de traballo e    APRENDE  BEN: 
               
COEFICIENTE DE VARIACIÓN   é
a relación que existe  entre  a Desviación Típica e
a Media Ponderada nunha serie estadística. 
  
  
|                
        s  C.V. = -------- x  | 
    
               
Soese dar en porcentaxes.
               
Se ou resultado é 0,25 pon 25%. Se ou resultado é
0,87 ponse 87%
   
|      Se
        o COEFICIENTE DE VARIACIÓN   é   MAIOR   do 30 % , a  media ponderada  NON E
        REPRESENTATIVA  
        da serie estadística.   No caso tomaríamos o valor da MEDIANA (Md); ou da Moda (Mo) se os valores de media e mediana co  | 
    
ACTIVIDADE 9
MEDIA 
E  DESVIACIÓN  TÍPICA 
       
Se nas
escenas anteriores non puideches modificar o valor das
frecuencias, ou só dun par delas, agora vas poder variar o valor
de todas elas. Busca e experimenta combinacións de valores moi
distintos entre si, fixándoche ben en cada caso do valor da
Media e a Desviación Típica.  
Actividades: 
9.1. - Traslada a túa
folla de traballo tres das moitas táboas con
que experimentaches, que sexan moi distintas entre si.
        (Non
esquezas en cada caso de sinalar o valor da Media e a Desviación
Típica.)
9.2. - Fai as tres Táboas de Frecuencias COMPLETAS.
9.3 Calcula na túa folla de traballo o valor das medias e comproba que coinciden cos dados polo ordenador.
9.4 Calcula as desviacións típicas e comproba que coinciden cos valores dados polo ordenador.
9.5.- Nos tres casos calcula o Coeficiente de Variación.
Autor: Ángel 
Prieto  Benito traducida por Adelino Pose Reino 
  
| © Ministerio de Educación, Politica Social y Deporte. 2008 | ||