Estatística Descriptiva

Actividades sobre organización de datos. Taboas de Frecuencias

ACTIVIDADE 1

FRECUENCIAS   ABSOLUTAS
 

        Ao facer balance nunha oficina bancaria téñense anotadas as 145 contas correntes correspondentes aos diferentes clientes con que conta. Para facilitar o seu estudio agrúpanse segundo un intervalo de valores. A cada intervalo chámaselle CLASE. O valor de cada conta está en Euros. Constrúe, paso a paso, a seguinte táboa de frecuencias:

Actividades:
 

1.1. - Traslada a túa folla de traballo a táboa de datos anterior.

1.2.- ¿Cantas c.c. habería cun valor menor de 2000 Euros ?, ¿ e cun valor entre 1600 e 2800 Euros ?, ¿e cun valor maior de 1600 Euros?

1.3.- ¿ A qué intervalo de modalidade corresponde unha frecuencia acumulada de 100 ?.

 


ACTIVIDADE 2

 

FRECUENCIAS   RELATIVAS
 

        Imos completar un pouco máis a Táboa de Frecuencias. Extraendo de cada Clase ou Modalidade o valor medio (marca de clase), podemos prescindir da columna de Clases para todo o que segue.

  Constrúe, paso a paso, a seguinte táboa de frecuencias:

 

Actividades:

2.1. - Traslada a túa folla de traballo a táboa de datos anterior.

2.2.- ¿Cal é a frecuencia absoluta para unha frecuencia relativa do 20.69% ?, ¿ e para outra do 10.34% ?, ¿ e para unha frecuencia acumulada do 20.68% ?.


ACTIVIDADE 3

MEDIDAS DE CENTRALIZACIÓN
 

       Recorda:  MODA é o valor da variable (modalidade) que máis se repite ( que maior frecuencia absoluta ten). No noso exemplo a Moda (Mo) é 1800 Euros.

       Recorda:  MEDIANA é o valor central dunha serie estatística. Ordenadas de menor a maior os valores de xi, ven que a Mediana (Md) é tamén 1800 Euros.

       Imos completar aínda máis a Táboa de Frecuencias. Principalmente imos ver como se obtén a media, que é a principal medida de centralización nunha serie estatística.

 


Actividades:
 

3.1. - Traslada a túa folla de traballo a táboa de datos anterior.

3.2. - Se todas as frecuencias absolutas fosen iguais e de valor a unidade, ¿de que media estariamos a falar?.

¿ Sería práctico traballar nunha serie estatística sen intervalos de modalidade?.

3.3.- ¿Cal sería a media se todas as frecuencias absolutas fosen iguais ?. Manipula os datos na escena e observa. ¿Por que é así ?

3.4.- ¿De qué outra forma se pode conseguir a mesma media que na actividade anterior sen que as frecuencias absolutas sexan iguais?. Manipula os datos na escena e observa. ¿Por que é así ?

3.5. - Manipula os datos na escena, concentrando as frecuencias absolutas nos valores menores da modalidade. ¿Que pasa coa media e por que ?.



Autor: Ángel  Prieto  Benito traducida por Adelino Pose Reino
 

 
© Ministerio de Educación, Politica Social y Deporte. 2008