EDA 2008
Experimentación Didáctica en el Aula
Inicio
Descartes en Galicia
Descartes a Catalunya
Malted en Galicia
Newton en Galicia
Ediciones anteriores
Webs de los proyectos
Pautas técnicas para realizar os informes das prácticas
Os informes das prácticas, exceptuando a práctica 3, enviaranse preferentemente en formato pdf ou en calquera outro formato convertible en pdf. Esto último inclúe, por exemplo, Microsoft Word ou OpenOffice Writer.
Polo que respecta á práctica 3:
Enviarase unha única carpeta comprimida nun arquivo .zip ou .rar que debe conter:
- Unha carpeta por cada unidade didáctica de Descartes que se utilice coas páxinas web que conforman a unidade.
- Cada carpeta debe conter as imaxes necesarias, que se gardarán nunha carpeta chamada imagenes.
- Calquera outro documento accesorio (por exemplo, follas de traballo para os alumnos, exames, etc...), gardarase nunha carpeta chamada documentos.
- Un arquivo html chamado index no que se enlazarán tódalas unidades da práctica.
- Un arquivo html chamado index_alumnos que será igual que o anterior pero sen os enlaces ós documentos ós que os alumnos non deben ter acceso, por exemplo, as probas de avaliación.
Neste exemplo utilízanse dúas unidades de Descartes.
- Os logotipos de Descartes, os iconos estándar das frechas e o arquivo Descartes.jar que contén o programa Descartes non é necesario incluílos no material enviado pero a ruta de acceso a estes arquivos debe ser a mesma que nas unidades de Descartes orixinais.
- A extensión dos arquivos que xeneran as páxinas debe ser .html
- Para nomear os arquivos (páxinas web, imaxes, follas de traballo, etc...) e as carpetas
- Utilizaranse sempre letras minúsculas sen acentos e excluíndo a letra ñ.
- Tamén se poden incluír números e o guión baixo (_).
- Se o nome do arquivo contén máis dunha palabra, éstas separaranse mediante o guión baixo, nunca con espacios en branco.
- A extensión dos ficheiros conterá só letras minúsculas.
- Utilizaranse nomes de arquivos e carpetas breves e naturais.
- Recoméndase realizar unha revisión ortográfica das páxinas web e documentos.