SEMELLANZA E TRIGONOMETRÍA 
Xeometría

16. MEDIDA DE ÁNGULOS. RADIÁN.
Consideramos unha circunferencia con centro no vértice do ángulo e o arco que interceptan os lados do ángulo. Se o arco mide o mesmo que o radio da circunferencia, entón dicimos que o ángulo é dun radián. En xeral, os radios que mida o arco son os radiáns que ten o ángulo. Como a circunferencia mide 2 p radios, un ángulo de 360º ten 2 p radiáns.
1 radián=360º/2p=180º/p=aprox. 57º17'45"
1º=2p/360 radiáns=p/180 radiáns=aprox. 0'01745 radiáns
Non se adoita substituír p por un valor aproximado. Fálase dun ángulo de p/3 radiáns, de p/2 radiáns, etc.

escena adaptada de Jesús Fernández Martín de los Santos

Actividade 31. - Observa a relación entre graos e radiáns modificando as entradas en graos e vendo como cambia a escena. Comproba que 60 graos non é un radián
Na escena p =Pi
O botón Inicio restaura os valores iniciais.
 Actividade 32- Representa sucesivamente os ángulos de -20, -45, -30, 60, 120, -135, 180, 200, 270, 300 e anota no teu caderno a súa equivalencia en radiáns.

17. CAMBIO DE RADIÁNS A GRAOS
A seguinte escena servirache para transformar radiáns en graos. Observa que as equivalencias son un tanto "raras", en canto que non son números moi sinxelos.

escena adaptada de Jesús Fernández Martín de los Santos

Actividade 33 - Introduce sucesivamente 1, 2, 3, 4 radiáns e observa a súa equivalencia en graos minutos e segundos.

Un radián son 90 graos?.

Mide a circunferencia 4 radiáns?.

Pulsa o botón Inicio para restaurar os valores iniciais.

Actividade 34- Utiliza as escenas para completar, no teu caderno de traballo, a seguinte táboa.
Graos 30º 45º 120º   150º 210º   240º 270º 300º 315º
Radiáns   p/3 p/2   3p/4 p   5p/4      

Departamento de matemáticas do I.E.S. Pintor Colmeiro
© Ministerio de Educación, Política Social e Deporte. Ano 2008