SEMELLANZA E TRIGONOMETRÍA 
Xeometría

14. ÁNGULO DE XIRO.
Ángulo  é a porción de plano limitada por dúas semirrectas con orixe nun mesmo punto. As semirrectas chámanse lado inicial e final. Á orixe común denomínaselle vértice do ángulo. Un ángulo pode estar situado en calquera parte do plano pero, ás veces seranos útil trasladalo a un sistema cartesiano de coordenadas de modo que o vértice do ángulo caia sobre a orixe de coordenadas e o lado inicial sobre o eixo positivo de abscisas.

Un ángulo de xiro consiste en considerar o xiro do eixo positivo de abscisas. Os ángulos positivos mídense en sentido contrario ás agullas do reloxo e os negativos no mesmo sentido

escena adaptada de Jesús Fernández Martín de los Santos Actividade 28 - Representa sucesivamente os ángulos de 20, 30, 60, 120, 180, 200, 270, 300 e observa o cuadrante no que queda o lado final.
Para obter a representación dun determinado ángulo, medido en graos, abonda con escribilo directamente na celda correspondente aos graos e pulsar a tecla Intro. Tamén pulsando nas frechas da escena para aumento ou diminución.
O botón Inicio restaura os valores iniciais.
Actividade 29 - Representa sucesivamente os ángulos de -20, -30, -60, -120, -180, -200, -270, -300 e observa o cuadrante no que queda o lado final.

15. PRÁCTICA COS ÁNGULOS DE XIRO.
O seguinte xogo servirache para familiarizarte co tamaño dos ángulos.

escena adaptada de Jesús Fernández Martín de los Santos

Actividade 30- Introduce o valor que crees que ten o ángulo da figura e pulsa Intro. Se acertas o lado amarelo porase verde, no caso contrario porase vermello.Practica ata conseguir 4 seguidos sen fallar.
Os ángulos que pide son doados posto que sempre son múltiplos de 10. ¡Ten conta porque os hai positivos e negativos.

Pulsa botón Limpar se se complica a escena.

 

Departamento de matemáticas do I.E.S. Pintor Colmeiro
© Ministerio de Educación, Política Social e Deporte. Ano 2008