1.- Se dunha función f
coñecemos que toma valores f(-1)=2 e f(2)=3, tomando de
valores: x0=-1; y0=2; x1=2; y1=3,
o polinomio interpolador virá dado por:
P(x)=y0+[(y1-y0)/(x1-x0)]·(x-x0)
Será unha boa aproximación da función f se non coñecemos máis
datos, xa que f(-1)=P(-1) e f(2)=P(2). Escribe no caderno
o polinomio interpolador e comproba as anteriores igualdades. Calcula o
valor interpolado para x=0.
¿Que valores debemos esperar para f(0); f(0.5); f(1)
e para f(3)?
2.- A dureza do aceiro medida en unidades Re (Rockwell-e), usado na
construcción de buques depende da temperatura. Fixéronse probas e
obtemos:
Temperatura
20 ºC
100 ºC
Dureza Re
57
36
Calcula no caderno o polinomio interpolador e comproba o resultado coa
escea. ¿Que valor de dureza debemos esperar para 40 ºC? e para 50 ºC?
3.- Usa a interpolación linear (podes sustituír os valores na escea)
para calcular probabilidades nunha distribución normal (0,1) para
valores con 3 ou máis cifras decimáis (na táboa da distribución normal
os valores de z teñen dúas cifras decimais).
Se Z é unha variable aleatoria N(0,1). Calcula p(Z<0,212); p(Z<1,526)
Podes mover os
puntos co cursor ou cambiando os valores en xi e
yi. |
|