3º ESO
Electricidade Básica
Celso Fernández
 Electricidade Básica 
Todas las Unidades Imprimir Inicio
Que é a electricidade?

A contestación non é sinxela, pero a resposta atopámola estudiando a estructura interna da materia. Toda a materia esta composta dos mesmos "ladrillos", que se combinan entre si para formar as distintas substancias, que a forman ( e por suposto ti).Eses ladrillos básicos son:

  1. Electrón : E unha partícula que ten unha masa tan pequena que se pode considerar desprezable. A súa característica principal é que dispón de carga negativa. Esta carga tomase como unidade elemental de cantidade de electricidade..Foi descuberto en 1897 por Thomson.
  2. Protón : Foi descuberto por Rutheford en 1909. Ten masa apreciable e carga positiva.
  3. Neutrón : Foi descuberta por Chadwick en 1932. E unha partícula moito máis grande que protón e electrón pero sen carga eléctrica.

Estes ladrillos combínanse para formar-los átomos. Existen 109 átomos (elementos) distintos. Un elemento é hidróxeno porque presenta un único protón, e é ouro porque ten 79 protóns. Os átomos enlázanse entre si formando moléculas (a auga está formado por dúas moléculas de hidróxeno e unha de osíxeno).

Pero, ¿ Cómo se distribúen as partículas para constituí-lo átomo?. Descubertas as partículas, os científicos afanáronse en explicar cómo se distribuían esta para constituí-lo átomo. Para eso buscaron un modelo matemático que o explicara. Actualmente o modelo máis aceptado é o de Niels Bohr, que un perfeccionamento do modelo de Rutheford. O modelo pode resumirse así:

  • Ten un núcleo central pequeno, con carga eléctrica positiva e toda a súa masa. Neste núcleo atópanse polo tanto, os neutróns e protóns.
  • Xirando o redor do núcleo, a gran distancia del se o comparamos co seu tamaño, sitúanse os electróns. Estes electróns xiran nunha poucas orbitas circulares chamadas órbitas estacionarias. Os electróns das orbitas exteriores están moi pouco unidos o núcleo, e poden pasar de un átomo a outro, chamándoselle electróns libres.

Hai que dicir, que en situación de equilibrio, en calquera átomo, a cantidade de protóns e igual que a de electróns , sendo polo tanto electricamente neutros.

Na seguinte simulación podemos ver unha simulación do modelo átomico:

A electricidade non e máis que un exceso ou defecto de electróns, nun átomo, molécula ou corpo.

Exceso de electróns
Electricidade (carga) negatica (-)
Defecto de electróns
Electricidade (carga) positiva (+)
Que é a electricidade?
Magnitus básicas
Tensión FEM
Intensidade
Resistencia
Potencia
Enerxia
Lei de Ohm
Asociacion receptores
Elementos de mando
Aparatos de medida
Exercicios