Celso Fernández |
|
Todas las Unidades | Imprimir | Inicio |
ASOCIACIÓN PARALELO | |||||||||||
RECEPTORES Decimos que dous ou máis receptores (resistencias) están en paralelo, cando a d.d.p. (tensión) a ques están sometidas é a mesma. Para conectalos, unimos o bornes finais de tódolos receptores, e os bornes iniciais. A cada unión de bornes, conectámoslle os bornes da pila ou xerador. Os circuítos paralelo, denomínase divisores de : dividen a intensidade que subministra a pila en tantas partes como receptores haxa. Estes circuítos resólvense calculando a resitencia equivalente do circuíto : 1/RE = 1/R1 + 1/R2 + 1/R3 Tendo a resitencia equivalente, podemos calcula-la intensidade que circula polo circuíto,xa que existe un único receptor equivalente,e a potencia mínima da pila:
A continuación calculamos a intensidade por cada receptor:
e as potencias absorbidas, xa que temos caídas de tensión e intensidade:
A intensidade total tamén se pode obter sumando as intensidades de cada receptor: I = I1 + I2 + I3 Na seguite simulación podes por en práctica todo o anteriormente explicado, usando dúas lámpadas conectadas en paralelo: |