PROGRESIÓNS XEOMÉTRICAS
Análise
 

3. DEFINICIÓN DE PROGRESIÓN XEOMÉTRICA
Denomínase progresión xeométrica a unha sucesión de números na que o cociente (ou razón) entre dous termos consecutivos é sempre igual.
Polo tanto, cada termo obtense multiplicando por unha mesma cantidade (a
razón)o termo anterior.
Esta unidad interactiva requiere la máquina virtual de Java J2RE. 4.-Nesta escena podes construír progresións xeométricas, basta que indiques o primeiro termo e a razón.

5.-Crea cinco progresións. Procura que o primeiro termo sexa distinto en cada exemplo, e que a razón nuns casos, sexa positiva maior que 1, noutros positiva menor que 1 e noutros negativa.

6.-Copia no teu cuaderno os cinco primeiros termos de cada sucesión e os temos do lugar 10, 20 e 50.

Podes cambiar o valor do n usando os pulsadores ou escribindo o número e pulsando a tecla Intro.

7.-Elixe unha das progresións que construíches e intenta obter unha fórmula que permita calcular calquera termo a partires do lugar que ocupa (n).

an =

8.- Intenta estender o resultado obtido ás outras catro.

   

       
           
  Juan Madrigal Muga (Traducción: Mª Antonia Martínez Cedeira) Revisión e traducción das escenas: Emilio Pazo Núñez
 
© Ministerio de Educación, Política Social y Deporte. Año 2002
 
 

Licencia de Creative Commons
Os contidos desta unidade didáctica están baixo unha licenza de Creative Commons se non se indica o contrario.