VARIACIÓNS PORCENTUAIS.
Álxebra

8. Como se calcula a cantidade inicial coñecendo a variación porcentual e a cantidade final

Pode darse o caso de que coñezamos o valor final e o aumento ou diminución porcentual realizado e queiramos saber cal era o valor inicial. Por exemplo, se coñecemos o prezo dun produto tras unha rebaixa (diminución porcentual) e queremos atopar o prezo antes da rebaixa; ou se coñecemos o prezo dun produto con IVE (aumento porcentual) e queremos saber o valor sen IVE. A cantidade inicial obtense dividindo a cantidade final polo índice de variación.

Pulsa o botón inicio para ver exemplos. Copia no teu caderno polo menos dous exercicios distintos de obtención da cantidade inicial tras un aumento porcentual e outros dous tras unha diminución porcentual.

Esta unidad interactiva requiere la máquina virtual de Java J2RE.

9. EXERCICIOS

Pulsa o botón EXERCICIO para xerar un exercicio de variacións porcentuais. Estes exercicios inclúen tanto problemas nos que coñeces a cantidade final e queres calcular a cantidade inicial como os vistos na páxina anterior nos que se coñecía a cantiade inicial. Aparecerán situacións sobre as rebaixas (diminución porcentual) ou ben sobre o IVE (aumento porcentual) En España, actualmente hai 3 tipos de IVE (do 4%, do 7% e do 16%, pero nos problemas utilizaremos calquer valor entre o 1 e o 25 %). Fai os exercicios no teu caderno e logo pulsa SOLUCIÓN para ver se o fixeches ben.

Esta unidad interactiva requiere la máquina virtual de Java J2RE.

10. Encadeamento de variacións porcentuais

Cando temos varios aumentos ou diminucións porcentuais sucesivos, se queremos saber a que variación porcentual equivalen, debemos multiplicar os índices de variación dos sucesivos pasos. O índice resultante será o índice de variación total.

Pulsa o botón inicio para ver exemplos. Copia no teu caderno polo menos dous exemplos distintos de encadeamento de variacións porcentuais.

Esta unidad interactiva requiere la máquina virtual de Java J2RE.

11. EXERCICIOS

Pulsa o botón EXERCICIO para xerar un exercicio de encadeamento de variacións porcentuais. Faino no teu caderno e logo pulsa SOLUCIÓN para ver se o fixeches ben.

Esta unidad interactiva requiere la máquina virtual de Java J2RE.

Variacións Indice
Emilio Pazo Núñez
© Ministerio de Educación e Ciencia. Ano 2009

Licencia de Creative Commons
Os contidos desta unidade didáctica están baixo unha licenza de Creative Commons se non se indica o contrario.