AUMENTOS E DIMINUCIÓNS PORCENTUAIS. | |
Álxebra | |
5. AUMENTOS PORCENTUAIS. | |
Un aumento porcentual quere dicir que á cantidade inicial se lle suma unha porcentaxe de dita cantidade. | O IVE (Imposto sobre o Valor Engadido) é un imposto que
hai que pagar cada vez que compra algo. O IVE é unha porcentaxe de aumento que varía segundo o produto comprado: pode ser do 4%, do 7% ou do 16%. Cada vez que engadimos o IVE a un produto, estamos facendo un aumento porcentual. |
Índice de variación O número polo que hai que multiplicar a cantidade inicial para obter a cantidade final chámase índice de variación. En aumentos porcentuais é igual a 1 máis o aumento porcentual expresado en forma decimal. |
|
Pulsa o botón EXEMPLO e verás exemplos de índices de variación para aumentos porcentuais. Copia no teu caderno un par de exemplos. |
Como se calculan aumentos porcentuais Para calcular o valor final so temos que calcular o índice de variación e multiplicalo pola cantidade inicial. |
|
Pulsa o botón EXEMPLO e verás exemplos de como se calculan aumentos porcentuais. Copia no teu caderno un par de exemplos. |
6. DIMINUCIÓNS PORCENTUAIS. | |
Unha diminución porcentual quere dicir que á cantidade inicial se lle resta unha porcentaxe de dita cantidade. | As rebaixas son un caso particular de diminución porcentual. |
Índice de variación Nas diminucións porcentuais, o índice de variación é 1 menos a diminución porcentual expresada en forma decimal. |
|
Pulsa o botón EXEMPLO e verás exemplos de índices de variación para diminucións porcentuais. Copia no teu caderno un par de exemplos. |
Como se calculan diminucións porcentuais Para calcular o valor final so temos que calcular o índice de variación e multiplicalo pola cantidade inicial. |
|
Pulsa o botón EXEMPLO e verás exemplos de como se calculan diminucións porcentuais. Copia no teu caderno un par de exemplos. |
7. EXERCICIOS. |
Nesta escena vas realizar unha serie de exercicios sobre o que viches nesta páxina, pulsa o botón EXERCICIO mentres non che digan o contrario. |
Emilio Pazo Núñez | |
© Ministerio de Educación e Ciencia. Ano 2009 | |
Os
contidos desta unidade didáctica están baixo unha licenza
de Creative Commons se non se indica o contrario.