Observamos o nome das partes dunha fracción:
Numerador significa que numera, é dicir, indica o número
de cousas que temos.
Denominador significa que denomina, é dicir, indica qué cousas
son as que temos. Non é o mesmo ter metades que ter tercios.
Cando sumamos o facemos de elementos homoxéneos, teñen que ser
cantidades da mesma cousa. Polo tanto, para sumar fraccións é necesario
que sexan da mesma cousa, que teñan todas o mesmo denominador.
Se as fraccións teñen distintos denominadores se pasan a común
denominador, é dicir, cambian por outras equivalentes a elas pero
co mesmo denominador todas.
|