Todas as fraccións equivalentes
entre sí representan o mesmo número racional.
Polo tanto, para expresar un mesmo valor interésanos
empregar a fracción máis simple, ésa será a que teña
o numerador e o denominador máis pequenos.
A esa fracción se lle chama fracción irredutible porque xa
non se pode simplificar máis.
Valémonos da propiedade fundamental da división.
Sabemos que se multiplicamos ou dividimos o numerador e o denominador
polo mesmo número obtemos outra fracción equivalente.
|
|
Para simplificar unha fracción debemos
buscar un número que sexa divisor do numerador e do denominador para
dividilos por él.
Interésanos dividilos polo número maior posible, ese número é o
máximo común divisor de ambos, así, dunha sola vez chegaremos
á fracción irredutible.
Nesta
escena aparece aleatoriamente unha fracción.
Debaixo debes marcar o número polo que dividirías numerador e
denominador para simplificar esa fracción e pulsar intro. Non utilices
os triángulos.
Se
a fracción orixinal é unha fracción irredutible marca 1. Se marcas un
número polo que non se poida dividir avisará do erro. Podes facer como
máximo 3 divisións así que debes dividir por números o máis grandes
posible (o mellor é o máximo común divisor de numerador e denominador).
Cando chegues a
fracción irredutible o exercicio estará resolto correctamente.
|
Fai o exercicio varias veces ata ter
claro o procedemento.
|