Resta de números enteiros
Operacións con números enteiros I
 

2. A resta de números enteiros.

Nos números enteiros a suma e a resta quedan englobadas nunha mesma operación.
Restar un número é sumar o seu oposto.

Sumamos ao minuendo o oposto do substraendo.

Resolve estas restas distribuíndo os números de debaixo nos círculos correspondentes.

Picando sobre os triángulos de debaixo da escena podes ver o paso intermedio para resolvelas, que é prescindir de parénteses e de signos innecesarios.


Ao picar sobre inicio aparecen números diferentes.

No control baixo a escena marca o resultado de cada operación, sucesivamente de arriba a abaixo.
Tras marcar un número debes pulsar intro.

Cando marques o número correcto aparecerá na escena xunto co paso intermedio, pero se marcas un número incorrecto non aparecerá.


       
         
  Eduardo Barbero Corral (traducción ó galego de Emilio Pazo Núñez)
 
© Ministerio de Educación. Año 2005
 
 

Licencia de Creative Commons
Os contidos desta unidade didáctica están baixo unha licenza de Creative Commons se non se indica o contrario.