A calculadora
Calculadora de pantalla sinxela
 

4. As fraccións
Escribir unha fracción
Para escribir unha fracción, primeiro poñemos o numerador, despois pulsamos e despois poñemos o denominador.
Na pantalla aparece algo así:

34


F
racción en forma de número mixto
A calculadora expresa os resultados de operar con fraccións en forma de número mixto. Se queremos saber cal é o número mixto equivalente a unha fracción impropia so temos que escribila e pulsar igual. Aparecerá o número mixto expresado do seguinte modo:

145

que quere dicir 1+4/5. Para escribir un número mixto tamén o podemos introducir de ese modo.
S
e queremos saber cal é a fracción impropia equivalente a un número mixto escribimos o número mixto e a continuación pulsamos a tecla SHIFT e despois a tecla de fracción (ab/c). Na pantalla aparecerá a fracción impropia.
A calculadora sempre da os resultados coa fracción irredutible, así que se queremos simplificar unha fracción, so temos que poñela na calculadora e pulsar =. Aparecerá a fracción irredutible equivalente. No caso de que sexa unha fracción impropia aparecerá o número mixto equivalente e para transformala facemos o indicado antes.

Operacións

A calculadora fai as operacións aritméticas (+ - · :) do mesmo modo que con números decimais, e tamén as parénteses, e da o resultado coa fracción irredutible e forma de número mixto. As teclas de potencias e raíces rompen a nomenclatura de fracción e dan o resultado en forma decimal.


Pasar de fracción a decimal

Se escribimos unha fracción, pulsamos = e pulsamos a tecla
aparece o número en forma decimal. Volvendo a pulsar o mesmo botón, aparece en forma de fracción. Se escribimos un número decimal a calculadora non sabe como escribilo en forma de fracción.



5. Exercicios
Realiza coa calculadora os cálculos indicados na escena. Cando resolvas a primeira liña, escribe a fracción resultado poñendo o numerador onde pon numerador 1 e o denominador onde pon denominador 2 e despois pulsa intro. Se o fixeches correctamente aparecerá a resposta correcta de cor verde, en caso contrario non aparecerá. Fai o mesmo para a segunda e a terceira liñas. Lembra que a gran raia de fracción debe interpretarse como cociente e debes encerrar entre parénteses tanto o numerador como o denominador da mesma. Pulsando INICIO aparecerán novas operacións.


  Esta unidad interactiva requiere la máquina virtual de Java J2RE.

         
           
  Emilio Pazo Núñez
 
© Ministerio de Educación. Ano 2009
 
 

Licencia de Creative Commons
Os contidos desta unidade didáctica están baixo unha licenza de Creative Commons se non se indica o contrario.