PROGRESIÓNS XEOMÉTRICAS
Análise
 

4. TERMO XERAL DUNHA PROGRESIÓN XEOMÉTRICA
En todas as progresións xeométricas pódese encontrar unha expresión que permite obter calquera termno, sabendo o lugar que ocupa. A esta expresión chámaselle termo xeral da progresión xeométrica.

9.- Analiza a sucesión da escena cos seguintes pasos:

PASO_1 PASO_2 PASO_3
Observa que cada termo é igual ao anterior  pola razón.
(Cambia o valor de n para comprobalo)
Observa que todos os termos se poden expresar dependendo do  primeiro.
(Cambia o valor de n)

Observa a relación que hai entre a posición de cada termo e o número ó que está elevada a razón.
(Cambia o valor de n)

Busca o termo xeral da sucesión do exemplo. Proba con distintas sucesións e busca a fórmula xeral para calquera sucesión.
Mostra o termo xeral.


Termo xeral

an=  a1*r(n-1)
 

5. DETERMINACIÓN DO TERMO XERAL DUNHA PROGRESIÓN XEOMÉTRICA
Trátase de obter o termo xeral das progresións xeométricas que se propoñen.

10.- Copia no teu caderno as seguintes progresións xeométricas e calcula o seu termo xeral:

Termos a1 r an
1, 3, 9, 27, 81, ...      
-5, -10, -20, -40, ...      
1024, 512, 256, ...      
6, 6, 6, 6, ...      
100, 150, 225, ...      
1000, -100, 10, ...      

En cada caso anota o primeiro termo a1 e a razón r, aplica a fórmula xeral e efectúa as operacións indicadas.

Podes comprobar os resultados na escena.


       
           
  Natalia Carnero Álvarez (Juan Madrigal Muga)
 
© Ministerio de Educación, Política Social y Deporte. Año 2009
 
 

Licencia de Creative Commons
Los contenidos de esta unidad didáctica están bajo una licencia de Creative Commons si no se indica lo contrario.