CURSO EXPERIMENTACIÓN NA AULA EDA 2009 |
INFORME FINAL
|
DATOS XERAIS
Profesora: Concepción Rodríguez Prieto
Centro educativo: IES Otero Pedrayo. Ourense
Grupo co que se levou a cabo a experiencia:
Un
grupo de 4º de ESO, todos de Matemáticas opción B ,
de 11 alumnos. É un desdobre dun grupo de matemáticas
bilingue.
Dos cales 27,3 % son homes e o 72,7 % mulleres. O 63,6 %
teñen 15 anos, o 27,3 % teñen 16 anos e o 9,1 % 17 anos.
O 72,7 % naceron en Galicia e o 27,3 % naceron noutros paises. Todos
teñen ordenador na casa.
|
|
OBXECTIVOS DA EXPERIENCIA
- Motivar o alumnado e lograr unha actitude positiva cara o aprendizaxe das matemáticas.
- Usar
recursos tecnolóxicos para posibilitar o aprendizaxe das
matemáticas investigando, experimentando e manipulando
conceptos e procedementos.
- Fomentar
o desenrolo de actitudes e hábitos que favorezan o proceso de
formalización matemática e a experimentación.
- Potenciar o traballo en equipo.
- Fomentar a autonomía no aprendizaxe e a iniciativa persoal.
- Desenrolar o gusto por la curiosidade.
- Converter a aula de Matemáticas nun laboratorio onde se experimenta.
|
|
CONTIDOS MATEMÁTICOS APRENDIDOS
A unidade traballada foi Semellanza e Trigonometría
- Criterios de semellanza de triángulos.
- Teoremas do cateto e da altura.
- Razón entre lonxitudes, áreas e volumes de corpos semellantes.
- Razóns trigonométricas de ángulos agudos. Relacións entre elas.
- Uso da calculadora para o cálculo de ángulos e de razóns trigonométricas.
- Resolución de triángulos.
- Razóns trigonométricas de ángulos de calqueira medida, circunferencia goniométrica.
- Aplicacións da trigonometría.
|
|
CONDICIÓNS DA AULA DE ORDENADORES E FORMA DE USO
A
aula dispón de 11 ordenadores de sobremesa Acer, con procesador
Pendium Dual- Core E 530,todos con conexión a internet, 8
conectados a rede directamente e 3 con Wifi. Teñen pantalla
plana de 15". O sistema operativo é Windows XP, e todos
teñen instalado o Explorer e o Firefox.
A parte dispuxemos dun portatil.
A
disposición da aula non é boa, pero non se pode
cambiar polas conexións tanto a rede eléctrica coma a
internet.
A
aula é pequena de forma rectangular, ao entrar a
dereita hai un mesa pegada a parede con dous ordenadores, e na
parede da dereita hai un mesa larga que vai ata o fondo da aula onde
hai nove ordenadores.
O
resto do espacio da aula esta ocupado pola mesa do profesor e por 12
mesas e cadeiras. O encerado está colocado na parede do fondo,
con moi pouca visibilidade desde os ordenadores.
As
sesións foron todas na aula de ordenadores. Como temos un
ordenador por persona, o traballo foi individual, e sempre cun
ordenador fixo.
Para
as explicacións e as correcións o alumnado ten que estar
nas mesas e logo para traballar nos ordenadores, co cal esto
supón un pouco de lio a hora de recolocarse na aula, a pesar de
que intentaba facer as aclaracións ao principio da clase ou ao
final.
As unidades didacticas as instalei nos ordenadores.
Botei de menos o canon e a pantalla para as explicacións, a pesar de ter portatiles no centro, era casi imposible poder usala por falta de espacio.
|
|
UNIDADE DIDACTICA DESCARTES
As
unidades didacticas son adaptacións das publicadas na web
Descartes. Mirei as escenas que se adaptaban os contidos da
unidade e a partir diso elaborei o material e fixen a tradución ao galego.
Semellanza
Trigonometría
|
|
DESDRIPCIÓN DO DESENROLO DA EXPERIENCIA
Na semana do 5 ao 10 de outubro. Instalo a unidade didáctica nos ordenadores.
O 13 de outubro, comeza a experimentación na aula, facendo a enquisa inicial.
Enquisa inicial
Logo o 15, facemos a proba inicial.
Proba inicial
Na seguinte sesión corriximos a proba inicial.
Na semana do 19 ao 24 comezamos a experimentación.
Na
primeira sesión da semana explico como poden acceder as unidades
didácticas , como manexar as escenas, recálcandolle a
importancia de ler detidamente as explicacións tanto na unidade
didáctica coma nas follas de traballo.
Folla de traballo de semellanza
Reparto as follas de traballo de semellanza, e insístolle no deber de recoller todas as actividades no caderno de clase.
Como temos un ordenador para cada un, elixen eles o sitio.
Na
seguinte sesión , intento que fagan eles solos a
primeira páxina. Algúns o consigue , preguntan as
dubidas, pero seguen para diante. Outros en vez de traballar falan ou
xogan co compañeiro e algún parece que se negan a
traballar. Antes de rematar a clase lles marco traballo para a casa.
Na
seguinte sesión so os traen feitos os que traballaron, os demais
din que como non entenden e non os puideron facer.
Intento dedicar tódolos días un pouco de tempo a corrixir as actividades que lle mando para casa.
A
maioría non son capaces de ler e entesarse da
explicación. Intento explicar eu ao principio de cada escena. O
problema é como xa dixen antes o non ter canón na aula.
Cando
levamos 8 sesións e practicamente deberiamos ter a unidade de
semellanza rematada, falta bastante para facelo. So uns poucos
traballan diariamente e teñen todas as actividades recollidas no
caderno.
En tres sesións máis rematamos semellanza. En total foron 11 sesións.
A unidade de trigonometría lle dedicamos 10 sesións. O primeiro día reparto as follas de traballo.
Follas de traballo de trigonometría
Expliquei ao principio de cada escena e logo ían eles facendo as
actividades. Procuramos corrixir os exercicios que lle mando para a
casa tódolos días.
Notei
nalgúns caso unha pequena melloría en canto a
traballo diario, interese e atención. Como traballo de repaso de
semellanza puxen p algúns exercicios e os devolvin
correxidos ante do exame.
O venres 11 de decembro fixen a proba de avaliación.
Proba final xeometría
A semana seguinte, correximos o exame na aula e paseille a enquisa final, e analizamos os resultados da avaliación.
Enquisa final
|
|
DATOS AVALIACIÓN
Analise dos datos da enquisa inicial
Analise do resultado de proba inicial:
A
nota máis alta que sacaron foi un 4 sobre 10 puntos, a maioria
non coñece o teorema de Pitágoras, non saben canto suman
os ángulos dun triángulo. A maioria das notas
están entre 1 e 2.
Analise do resultado da probade avaliación:
Os
resultados da avaliación son malos. Soamente aproban a
avaliación 5 personas de 11 é dicir o 45,5 %.
O exame
de xeométria esta posto coa referencia dos exercicios dos
cuadernos de traballo, e de outros exercicios que lles din de repaso. O
califico sobre 8 puntos. Antes de empezar coa experimentación
Descartes, fixen outro exame de radicais. Poño a
continuación as notas dos dous exames para comparar e poder
avaliar o proxecto.
Nota |
0 - 2 |
2 - 4 |
4 - 6 |
6 - 8 |
Radicais |
2 |
3 |
6 |
0 |
Xeometría |
4 |
2 |
4 |
1 |
A variación das notas non é grande, soamente hai un caso
que tiña aprobado o primeiro exame e suspendeo o segundo cunha
nota moi baixa, pero non conseguin que fixera nin un só
exercicio de xeometria.
Os exames calificanse con 8 puntos; e o traballo na aula, as
tarefas, a libreta, a actitude calificanse sobre 2 puntos. As personas
que traballan e teñen interes sempre melloran a nota do exame.
Non foi o caso desta avaliación, pois os que suspenderon
é por falta de traballo.
O que observo é que traballando cos ordenadores teñen que
traballar máis ao dia e non deixar todo para o final.
Analise dos datos da enquisa final
|
|
VALORACIÓN PERSOAL
Este
curso imparto dos cursos de 4º de ESO, 4º ESO A e 4º ESO
B, este último foi imposible impartir ningunha clase nunha
aula con ordenadores. Cando traballamos a xeometría aprobeitei
para in poñendo as escenas cun ordenador portatil e o proxector
e o canon de video. A min me resultou moito máis facil explicar
e eles o comprenderon moito mellor porque ven as cousas, podense
manipular.
Traballar con ordenadores na aula é un método moi lento,
e o que si fai falta e proxector e pantalla, senon para ir por todos os
ordenadores dun en un, crea tempos de espera para os alumnos que
aprobeitan para charlar e distraerse.
A disposición dos ordenadores na aula e moi
importante, teñen que ver o encerado desde o ordenador e
ter espacio para tomar notas, que non teñan que moverse do
ordenador ao pipitre a media clase.
Eu botei en falta non saber facer as escenas Descartes, só sei manipuulalas.
É moi importante a elaboración das follas de traballo, de acordo cos materiais que se traballen.
Entre os meus obxectivos estaba atender a diversidade e está claro que non o conseguin.
A experiencia foi positiva, e penso seguir usando Descartes só que sexa para representacións.
|
|