EDA Práctica_5

Informe final
  profesora: Carmen Guntiñas Rodríguez

 Centro educativo: IES de Vilalonga - Sanxenxo - Pontevedra -

 Grupos da experiencia 

 A experiencia leveina a cabo con dous grupos de 1º de ESO con 14 alumnos cada un.
 En un deles tres dos alumnos saen dous días da aula para ir as clases de apoio ( a súa competencia matemática non se corresponde co nivel necesario en 1º de ESO ), dous acolléronse ao PROA e unha ten os mércores pola tarde profesores de apoio na Biblioteca do Centro.
 No outro grupo dous están no PROA e outros dous no plan de reforzo da Biblioteca.



Obxectivos da experiencia 
  • Utilizar unha metodoloxía máis atractiva para os alumnos.
  • Promover o traballo en equipo.
  • Introducir no futuro cambios na metodoloxía, tendo en conta os resultados desta experiencia.
  • Apreciar o aspecto lúdico e de competición en Matemáticas.
  • Fomentala investigación matemática particular do alumnado como medio de aprendizaxe.

 Contidos matemáticos aprendidos

 
Neste tempo adicado a experiencia traballáronse as unidades  de Descartes


 Múltiplos e divisores 
 Números enteiros1   
 Números enteiros2


 Recursos auxiliares

 
Un día a semana as clases foron tradicionais, é decir cos recursos do libro e as explicacións do profesor no encerado. 

  Na aula dos ordenadores o ordenador do profesor tiña acceso a Internet e está conectado ao encerado dixital, polo que foi moi útil para resolver as dúbidas e participar nas escenas de Descartes.


Descrición do desenrolo da experiencia

  No IES de Vilalonga, hai tres aulas de informática. Cando decidín participar na EDA2009 pensei que non habería problema cos ordenadores pero estaba equivocada, neste curso esas aulas xa estaban destinadas a uns niveis e materias diferentes.

  Comunico o problema a dirección do Centro e no mes de outubro o director comunícame que podo dispoñer de sete ordenadores portátiles na aula do encerado dixital. Decido realizala experiencia con dous grupos de 1º ESO de 14 alumnos cada un, así tería un ordenador, sen acceso a internet (instalouse Descartes en cada un), para cada dous alumnos mais o ordenador do profesor, con acceso a internet, e un encerado dixital.

  Das catro horas semanais de Matemáticas, tres foron con Descartes e unha tradicional. Tomamos esta medida porque tamén hai que compartir a aula do encerado dixital con outros profesores.

  Os días 15 e 16 de outubro de 2009 fágolles a enquisa inicial e lles explico como imos a traballar nos dous meses seguintes. Todos están de acordo e lles parece unha boa idea. Hai ilusión!

  Comezámola experiencia o día 19 de outubro de 2009. Os dous primeiros días foron de familiarización cos medios e de adaptación a nova forma de aprendizaxe: houbo que orientalos alumnos pois a tendencia era a xogar  sen analizar, deducir e concluír. Ademais non se decataban da necesidade de facer anotacións no seu caderno de traballo.

  Ós dous días do comezo hai ambiente de traballo a pesar de que non son alumnos, en xeral, que destaquen polo seu rendemento.

  Como hai que compartilos ordenadores adoptámolo sistema de que cando un está resolvendo unha actividade no ordenador o outro resolve unha actividade das follas de traballo:  follas traballo

  O día 27 de outubro non prenden dous dos ordenadores e ao día seguinte un máis ( saíron defectuosos pois eran novos ). Esto supón ter tres ou catro alumnos por ordenador (demasiados) e xera algún grupo con predisposición ao palique, teño que buscar unha solución e o que fago é reclamar a súa atención participando nas escenas e actividades a través do encerado dixital. Funciona, non teñen máis remedio que estar atentos.

  O 2 de novembro recuperamos dous ordenadores e volven a estar menos alumnos por ordenador. As clases resultan agradables, os alumnos están relaxados e parece que lles agrada o método, pero eu sempre estou detrás e teño que marcarlles o ritmo. Eles tenden a estancarse nunha páxina e non avanzan.

  Seguín utilizando o método de facer, de cando en vez, as actividades no encerado dixital con cada un dos alumnos para así detectar o grao de aprendizaxe.

  Na semana do 16 de novembro case tódolos grupos rematan as unidades programadas polo que engadimos a experiencia unha unidade máis: Potencias de Eduardo Barbero Corral. 

  O día 27 de novembro rematámola experiencia  e na primeira semana de decembro regresamos a aula do grupo e facemos a enquisa final e a proba final.

 


Datos avaliación

enquisa inicial

gráfico 1 enquisa inicial

gráfico 2 enquisa inicial

enquisa final

gráfico 1 enquisa final

gráfico 2 enquisa final

proba final

gráfico 1 proba final

gráfico 2 proba final


Valoración persoal
  • Para min a experiencia foi positiva. A pesar de que as veces tiña a sensación de pouca participación na aprendizaxe, e eso producíame inquietude, penso que os alumnos aprenderon dunha forma inconsciente.

  • Tanto para os alumnos como para min o uso de Descartes na aula foi un cambio ao que tivemos que afacernos. Algúns alumnos, que co método tradicional traballan ben, non tiveron unha boa adaptación e lles custou rendir nas clases.

  • En xeral ao primeiro foron pouco autónomos e necesitaron que estuviera enriba deles, pero conforme ía avanzando a experiencia esto  cambiou. 

  • A experiencia sería moito máis representativa si cada un dos alumnos tivera un ordenador, pois eso lle suporía un maior esforzo e máis concentración.
  • Quero facer unha valoración sobre algunhas respostas que diron os alumnos nas enquisas:

        * " Gústame moito máis a clase normal porque aprendo moito mellor e entendo moito máis a profesora cás explicacións do ordenador".       * " Creo que é mellor a clase tradicional. Penso que aprendes máis".                       
        * " É mellor estar na clase".
    O sorprendente destas afirmacións é que son de alumnos que sí aproveitaron a experiencia polo que volvo con esto ao comentado anteriormente, tanto eles coma min, estamos acostumados á metodoloxía tradicional.

  • Para maior aproveitamento da experiencia sería necesario que os alumnos tiveran acceso ao material informático dende a casa, é dicir, que nas casas houbera acceso a Internet. 
  • Penso seguir utilizando as unidades de Descartes como complemento das clases tradicionais.

           Carmen Guntiñas Rodríguez. EDA 2009