Acceso á páxina principal da unidade

 

ÍNDICE
 

Información Xeral

Descrición do desenrolo da experiencia

Datos Avaliación

Valoración Persoal

VALORACIÓN PERSOAL DO PROFESOR
 
VALORACIÓN PERSOAL


Recoñezo que desde sempre me gustou innovar na miña materia buscando novos materiais, novas propostas ou novas metodoloxías de aprendizaxe. Cando a principios do ano 2008 descubrín a ferramenta Descartes estusiasmoume de tal xeito que tiven a necesidade de mergullarme neste mundo e de coñecer nas miñas propias carnes como reaccionaría o meu alumnado ante esta nova ventá. pasiño a pasiño cheguei ata aquí e quedo coa satisfacción dunha experiencia que podo valorar positivamente por moitos motivos:

•  O nivel de motivación do alumnado cara a asignatura é, sen dúbida algunha, maior que nas clases tradicionais, traducíndose nun maior interese pola materia sobre todo en alumn@s que, a priori, puideran estar descolgados.

•  Os alumnos ven o ordenador non só como un medio de lecer senón como unha ferramenta máis que lles pode axudar no seu estudo.

•  Esta metodoloxía permite que o alumno aprenda por si mesmo e ao seu ritmo, apermitindo este feito unha maior atención á diversidade.

•  O feito de que o profesor pase a ser un mero espectador que actúa tan só cando o alumno o require é un aspecto importante a destacar xa que reflicte que é o alumno, e tan só el, o que guía o seu aprendizaxe, sendo o profesor un simple orientador.

•  As escenas fan que a materia se presente dunha maneira máis atractiva e intuitiva, minimizando os niveis de abstracción que presentan as matemáticas en moitos momentos.

Outro aspecto importante en todo isto son, como non, os resultados obtidos. Como viamos na páxina anterior, considero que estes foron mellores que no grupo no que seguín as pautas tradicionais, non só en cualificacións senon en actitude (que persoalmente considero que é máis importante). Ver aos alumnos traballar na aula coa axuda do ordenador cun interese que poucas veces tiña visto antes é unha experiencia que non podo facer máis que aconsellar.

Pero non todo é tan positivo e creo que non está de máis dicilo, sobre todo co fin de mellorar:

•  O ritmo é moito máis lento que nas clases tradicionais. Está claro que se son os alumnos e alumnas os que guían o seu traballo o ritmo de aprendizaxe será máis lento que se é o profesor o que marca ese ritmo. Tampouco quero dicir que isto sexa negativo, senon que é un inconvinte tendo en conta que o currículo é o que é e a programación hai que cumprila na medida do posible.

•  Aos alumnos cóstalle moito asimilar os conceptos por si mesmos e, incluso, interpretar o que as escenas piden en cada momento. Isto dá lugar a unha certa inquedanza na que o máis fácil para eles é que sexa o profesor o que explique. cando se lles fai a suxestión de que sexan eles os que saian da dificultade por si mesmos, pode darse o caso dun certo abandono.

•  É preciso que as follas ou caderno de traballo sexan o máis eficientes posibles para que os alumnos non se dispersen no seu traballo. Unha perfecta guía (cousa que eu non fixen axeitadamente) é fundamental.

 

EXPECTATIVAS DE FUTURO

Rematada a experimentación ábrese para min a posibilidade de continuar traballando con estes materiais no que queda de curso. É indudable que crear un mesmo as unidades didácticas leva un tempo que non sempre se dispón e un traballo o suficientemente grande como para ter certas reticencias. Teño claro que, na medida das miñas posibilidades, seguirei usando estes materiais e creando outros novos (sobre todo co fin de traducilos ao galego, unha das grandes carencias que vexo na páxina Descartes e que me gustaría que quedara reflectida nesta valoración) pero tamén considero que lle darei máis importancia ás clases tradicionais, intentando chegar a un híbrido no que o uso do ordenador e o traballo convencional se repartan a partes iguais. Por que? Simplemente para ser eu a guía do traballo dos meus alumnos pero sen perder a idea de que eles aprendan por si mesmos. Sei que é difícil de conquerir, pero creo que co material Descartes se pode chegar a facer. O tempo darame ou quitarame a razón...

Outra cousa indudable é que non todos os temas se adaptan da mesma maneira para traballar con Descartes e, sen desmerecer para nada todos os traballos que se levan feito, creo que a parte de Xeometría e Estatística se presta máis para este tipo de metodoloxía. Será aí onde farei especial fincapé.
 
Ir á páxina principal
Xosé Anxo Fernández Alonso EDA 2009
 
© Ministerio de Educación, Política Social y Deporte. Año 2009