1.   Profesor

 

ISIDORO SERANTES POMBO

 

2.   Centro

 

IES FARO DAS LUAS

Vilanova de Arousa-Pontevedra

 

3.   Grupo

 

O grupo elexido foi 4ºESO-A: é un grupo de 14 alumn@s.Son un grupo de alumn@s de nivel académico medio-alto e con bastante interese pola materia de Física e Química.

 

Temos una alumna con problemas de trastornos alimentarios (anorexia) que faltou case todo o primeiro trimestre pero de altas capacidades.Tamén temos outra alumna con problemas de espalda graves que falta moito. Un dos obxectivos de esta experimentación é facilitarles traballo para que o poideran facer elas na casa.

 

Tamén temos outro alumno con moi boas notas e moito interese que de feito foi o primeiro en rematar e que se pode identificar fácilmente nas enquisas polo seu alto grado de satisfacción.

 

4.   Obxectivos

 

Como xa se mencionou na práctica 1 os obxectivos que me marquei eran e foron os seguintes:

ü    Lograr una maior motivación do alumnado

ü    Lograr unha atitude positiva cara a Física

ü    Facilitar a atención personalizada

ü    Mellorar e optimizar o traballo individual e en grupo

ü    Fomentar o uso das TIC entre o profesorado

5.   Contidos

 

O tema tratado nesta experiencia foi o seguinte:

 

“FORZAS E PRESIÓNS NOS FLUIDOS”

 

Os puntos traballados foron os seguintes:

 

ü    Presión: unidades.

ü    Presión Hidrostática.

ü    Ecuación fundamental da hidrostática.

ü    Consecuencias da ecuación fundamental.

ü    Principio de Arquímedes.

ü    Arquímedes, consecuencias : flotabilidade.

ü    Principio de Pascal.

ü    Prensa hidráulica.

ü    Presión atmosférica: experimento de Torricelli

 

Ampliación: só para aqueles alumn@s que remataron antes e/ou amosaron un interese especial (foron 3). Foron:

a) trasiego de líquidos,

b) manómetros, e

c) tensión superficial

 

6.   Aula

 

·       As aulas empregadas foron a aula de Tecnoloxía e a de 4ºESO-A

 

ü    Aula de tecnoloxía: aquí tiveron lugar as sesión programadas coas escenas Newton e toda a unidade preparada para esta experimentación. Aquí foron as clases dos martes e xoves.

 

ü    Aula de 4ºESO-A: aquí tivemos as clases normais , coa resolución de dudas, explicacións para todo o grupo e resolución de problemas a maiores dos plantexados na unidade elaborada. Aquí foron as clases dos venres.

 

·       A forma de uso:

 

ü    Individual: 10 alumn@s traballaron de xeito individual

 

ü    Parella: 4 alumn@s traballaron en parella e puntualmente outros tamén o fixeron así, para axudarse entre eles.

 

ü    Gran grupo: puntualmente fíxeronse explicacións para tod@s empregando o portátil e o proxector.

 

7.   Materiais Newton

 

Os materiais e actividades programados para esta unidade foron os seguintes:

 

·       Guión: elaborado polo profesor para esta unidade, en cada apartado indícaselles a teoría que deben recopilar, as escenas que deben traballar e cómo facelo, e as actividades e exercicios que debían facer. Resultou fundamental para evitar a dispersión dos alumnos na aula: sempre tiñan algo que facer.

 

·       Material informático: para que poidesen traballar de xeito mais cómodo e aproveitar mellor o tempo faciliteille un cd coa unidade. De este xeito algún deles traballou na casa e adiantou o traballo. Para outros sirveulles para repasar e consolidar os coñecementos que traballaban na aula.

 

·       Escenas: en cada apartado da unidade tiñan una serie de escenas que debían traballar (todas elas do proxecto Newton). A miña intención inicial era modificalas e alomenos traducilas ao galego, pero como tiven problemas e retrasos non contemplados acabei por utilizalas tal cual están no Proxecto Newton.

 

1.   A presión e o efecto deformador

2.   O cálculo de presións nun corpo apoiado

3.   A obtención da ecuación da Presión Hidrostática

4.   Os factores que afectan á presión hidrostática

5.   Vasos comunicantes

6.   Tubos en U : líquidos iguais

7.   Tubos en U: líquidos diferentes e inmiscibles

8.   O principio de Arquímedes e o empuxe

9.   Arquímedes: obtención do “peso do líquido desaloxado”

10.       Flotabilidade: empuxe e peso (densidades)

11.       Principio de Pascal

12.       Prensa Hidráulica: factor multiplicador

13.       Experimento de Torricelli

14.       Exercicios do tema presións (I) e presións (II) de Newton

15.       Autoavaliación: Presións (I) e Presións (II) de Newton

 

 

Tamén se utilizaron como material de ampliación escenas de

trasiego de líquidos,

 

manómetros2

 

manómetros3, e

 

tensión superficial .

 

8.   Desenrolo

 

A actividade tivo lugar tal e como estaba programada, con algún pequeno problema técnico ao principio pero logo todo funcionou de xeito previsto.

 

·        Diario de clase:  deixo aquí un enlace a dous exemplos de dous alumn@s, eso sí escollidos. Estas son as follas que eles tiñan que enviarme por internet.

 

Fernando  

Cristina

 

·        Sesións:  foron un total de 15 sesións co seguinte reparto:

o       Presentación da unidade: 1

o       Traballo da unidade nos ordenadores: 8

o       Traballo na aula, clase tradicional e dúbidas:4

o       Enquisas inicial e final:1

o       Exame da unidade: 1

 

·        Metodoloxía:  como xa comentei antes foi traballo individual e de grupo dirixido a través dun guión moi elaborado, con traballo individual, en grupo e gran grupo e traballo con escenas, co caderno e con seguimento a través de internet dos traballos feitos.

 

·        Folla de traballo: facilitouselles un guión que debían seguir e unas axudas en cada apartado que os dirixía cara os conceptos que se pretendían traballar.O seu funcionamento foi moi bo.

 

·        Incidencias relevantes: Non tivemos ninguna incidencia importante. Só cando iniciamos o traballo vimos que era preciso usar IE pois con firefox non funcionaban as escenas. Tamén descubriron, e isto é sinal de que o traballaron, que nalgunha escena e problema de Newton os resultados estaban mal.

 

 

9.   Conclusións

 

Para comentar o desenrolo da experimentación teño que facer referencia de xeito necesario aos obxectivos marcados ao inicio da práctica:

 

ü     Lograr una maior motivación do alumnado: polo que se ve nas enquisas e no traballo diario podo decir que todo funcionou como estaba previsto, se ben aqueles alumn@s que amosan problemas nas clases normais son os mesmos que seguen a ter dúbidas e dudosa actitude nas actividades TIC diseñadas para eles.

 

ü     Lograr unha atitude positiva cara a Física: creo que como xa dixen antes, esta actividade non logrou que aqueles que non conectan na clase tradicional o fixeran tampouco con esta actividade.

 

ü     Facilitar a atención personalizada: pareceume a parte mais satisfactoria.Aqueles alumnos que poden por si sólos non precisaron case nengunha axuda e isto permiteume adicarlles mais tempo aos que mais o necesita. Esto esixe, eso si, una actividade “totalmente programada” de xeito previo para evitar  “distraccións”

 

ü     Mellorar e optimizar o traballo individual e en grupo: neste apartado tamén fago una valoración moi positiva. Realmente traballaron tanto de xeito individual como en grupo.

 

ü     Fomentar o uso das TIC entre o profesorado: Outro obxectivo cumprido, comenteillo aos compañeiros de Bioloxía, Tecnoloxía e Matemáticas, fundamentalmente e pareceulles una experiencia moi interesante. Queda sembrado….

 

10.  Avaliación

 

Da experimentación na aula e das enquisas enviadas aos alumnos podemos chegar a una serie de conclusións:

 

ü    As escenas Newton consiguen motivar aos alumn@s, resultan interesantes como material de apoio e tamén os alumnos valoran como positivo o traballo feito.

 

ü    Non podemos deixar as clases tradicionais, pois eles mesmos reclaman as explicacións do profesor nas opinions expresadas.

 

ü    O traballo con este material esixe a elaboración dun guión estricto para evitar a distracción dos alumnos e as escapadas cara outros intereses: Messenger,…

 

ü    As escenas Newton son intuitivas e válidas para afianzar contidos e reforzar coñecementos, vamos que resultan un material complementario moi enriquecedor pero nunca poderán substituir totalmente a clase tradicional.

 

ü    Tamén resultan moi válidas como material de axuda para a atención á diversidade. Permite ofertar actividades de reforzó e ampliación en función das características do alumnado.

 

ü    Os resultados obtidos foron moi semellantes aos dunha unidade tradicional, por iso non entro a valoralos especialmente.

 

Deixo aquí os enlaces ás enquisas iniciais e finais así como outro enlace ás mesmas valoradas e o resultado da proba escrita.

 

Enquisa inicial

Enquisa inicial valorada

Enquisa final

Enquisa final valorada

Resultados da proba escrita