NEWTON NA AULA

CARA UNHA APRENDIZAXE INTERACTIVO DA FÍSICA

    PRÁCTICA Nº 5

avaliación da experimentación da unidade

O movemento

PROFESOR

Xosé A. Alonso Fernández

DATOS DO CENTRO

O IES Monte da Vila é un instituto situado na localidade de O Grove. Inagurado no curso 1985/86, e por primeira vez a localidade dispuxo dun centro de ensino onde se impartíran estudos de educación secundaria nas diversas formas habidas tanto de bacharelato como de formación profesional.

Actualmente acolle estudos de bacharelato nas modalidades ( Ciencia e Tecnoloxía e de Humanidades e Ciencias Sociais), así como estudos de formación profesional (Ciclo medio de equipos electrónicos de consumo), así como Programas de Cualificación Profesional Inicial, un de tipo A e potro de tipo B.

CARACTERÍSTICAS DO ALUMNADO ELIXIDO.

Para experimentación elixiuse o alumnado que forma o grupo de 1º curso de bacharelato ao que podemos describir a través das seguintes características: rendemento educativo medio baixo; desigual na participación en clase e en xeral con boa actitude.

OBXECTIVOS

CONTIDOS TRATADOS

Non todos os contidos previstos se puideron desenvolver, só os que versan sobre o estudo cinemático do movemento puideron ser tratados, e son os seguintes:

  1. Elementos que integran un movemento: punto material, posición, repouso, movemento, traxectoria, sistemas de referencia.
  2. Tratamento vectorial de movementos: vector de posición, vector desprazamento, vector velocidade, vector aceleración.
  3. Compoñentes intrínsecas da aceleración: aceleración normal e aceleración tanxencial.
  4. Clasificación dos movementos segundo a súa aceleración.
  5. Movementos con vector aceleración nula (MRU).
  6. Movementos con vector aceleración constante: MRUA, movementos baixo a acción da gravidade (tiro vertical e tiro parabólico).
  7. Os movementos circulares (posición angular, velocidade angular, aceleración angular): uniforme e uniformemente variado.

CONDICIÓNS DA AULA DE ORDENADORES

O aula de informática, como xa se describiu na práctica 2 conta con dezanove computadoras DELL OPTIPLEX 745 e teñen as seguintes características:

Normas para o uso da aula

DESCRIPCIÓN DO DESENVOLVEMENTO DA EXPERIENCIA E MATERIAIS UTILIZADOS.

RECURSOS PROPIOS

A inidade didáctica utilizada foi elaborada por mín, usando o editor Edinewton para a xeración do menú vertical e para o resto utilicei o editor Dreamweaver. Para achegarse débese premer no seguinte botón:

O movemento
UNIDADE DIDÁCTICA

OUTROS RECURSOS NEWTON

Vector aceleración media e instantanea
Autor: C. PALACIOS (1ºBAC)
Compoñentes intrinsecas da aceleración
Autor: C. PALACIOS (1ºBAC)
Gráficas do movemento
Autor: C. PALACIOS (4ºESO)

FOLLAS DE TRABALLO UTILIZADAS. OBSERVACIÓNS SOBRE O SEU USO

Cada alumno e alumna dispuxo dun caderno de traballo co fin de recoller:

  • as anotación persoais nos distintos contextos.
  • a resolución das actividades propostas: cuestións, problemas, etc.
  • Comentarios as actividades propostas nos applet,
  • anotacións obtidas das web visitadas.

Na súa elaboración debeuse ter en conta:

  • a expresión escrita (caligrafía, ortografía, vocabulario xeral e científico).
  • a redacción da información obtida das páxinas web visitadas.
  • ao hábitos de traballo ( caderno limpo, ordenado e completo)

RECURSOS AUXILIARES

Folla de traballo nº1 (catro sesións)

Vectores
Autora: ÁNGELA NÚÑEZ
Vectores
Autor: JAUME BARTOLÍ BRUGUÉS
Derivadas
Autor: JUAN ÁVILA (Descartes)

Folla de traballo nº2 (unha sesión)

Proxectánse na co canón na pantalla da aula catro animacións Modellus de física sobre Sistemas de referencia Procedencia (Web del Departamento de Física y Química del IES "Leonardo Da Vinci ") . Para iso foi necesario instalar o programa gratuíto   Modellus (versión 2.1) , desde a páxina oficial de Modellus, son:

  1. Movemento dunha pelota lanzada nun vehículo inercial.
  2. Movemento da pelota segundo o punto de vista do SRI exterior, ligado ao chan.
  3. Movemento dunha pelota lanzada nun vehículo acelerado (punto de vista do SRI exterior).
  4. Movemento da pelota nun vehículo acelerado (punto de vista do SR ligado ao vehículo).

Folla de traballo nº3. (catro sesións)

Vector unitario
Autor: DAVID M. HARRISON (Tareaescolar)

Resolución de cuestións e problemas indicados na folla de traballo e no diario de clase.

Proxectánse na co canón na pantalla da aula outras catro animacións Modellus

  1. Formas da posición
  2. Cambios de posición
  3. Velocidade media e velocidade instantáne

Coméntanse e resólvense as actividades propostas ao final do apartado vector velocidade. Coméntanse e reólvense outras actividades do libro de texto.

concepto vector velocidade, v. media e instantánea
CIENCIAS GALILEI

Folla de traballo nº4 (dúas sesións)

Pídese resolvan exercicios incluídos na mesma folla de traballo e outros do libro de texto que tamén se recollen na mesma folla.

Folla de traballo nº5 (dúas sesións)

Propónse a resolución de exercicios extraídos de fisicanet, así como as actividades propostas "movementos con aceleración nula". Entre estas actividades ecóntrase un enlace a un exercicio, de móbiles con MRU ao encontro, con solución nunha presentación power point.

Folla de traballo nº6 (sete sesións)

Para seguir insistindo nas representación gráficas dos movementos de forma interactiva (x-t, v-t, a-t) entrar en:

movementos con aceleración constante (applet gráficas)
Autor: WALTER FENDT

Neste apartado adicado aos movementos con vector aceleración constante, amplíase a teoría, como instrumento subiuse á páxina do instituto unha presentación power point, á que se accede premendo na seguinte enlace:

Movementos con vector aceleración constante

Para a resolucións de problemas de caída libre, na unidade didáctica encóntrase un enlace a un power point (caida_libre.ppt) onde o alumnado pode seguir unha proposta de procedemento.

Para o tipo de de problemas de tiro verical subiuse á páxina do instituto unha presentación power point, á que se accede premendo na seguinte enlace:

Movemento de tiro vertical

Para a resolución de problemas de tiro horizontal ofrecese un power point ao que se accede premendo no seguinte enlace:

Movemento de tiro horizontal

Todos estes Power Point que se encontran ao alcance do alumnado, na web do IES, foron presentados con proxector, na aula normal en sesión de grande grupo.

Ademais:

DIARIO DE CLASE

O diario de clase cumple unha dobre función, recoller as incidencias, comentarios do alumnado, do profesor, etc, dun lado, e polo outro presentar ao alumnado novos instrumentos de aprendizaxe, proposta de novas actividades: cuestións problemas.

Nel ecóntrase reflectidas as anotacións máis relevantes. Elaborouse tomando como referencia o desenvolvemento dos contidos a través das "follas de traballo" e non criterio diario. Para entrar premer en .

diariodeclase.pdf

NÚMERO DE SESIÓNS NA AULA DE ORDENADORES E NA AULA NORMAL

Dun total de 20 sesións, 11 (55%) foron na aula normal e 9 (45%)na aula de informática. Do total previsto 22 sesións dúas non se realizaron.

A distribución, segundo as follas de traballo foi:

Folla nº 1
4 sesións
Folla nº 2
1 sesións
Folla nº 3
4 sesións
Folla nº 4
2 sesións
Folla nº 5
2 sesións
Folla nº 6
7 sesións
Folla nº 7
.........

DATOS DE AVALIACIÓN

Das actuacións prevista, antes do comezo da experimentación, rexeitouse a realización dunha proba de coñecementos previos dado que xa se lle realizou na semana de inicio do actual curso académico.

Ao modelo de enquisa inicial e os correspondentes resultados pódese aceder premendo nos correspondentes enlaces.

Enquisa inicial
Resultados da enquisa inicial

Ao modelo de enquisa final e os correspondentes resultados pódese aceder premendo nos correspondentes enlaces.

Enquisa final
Resultados da enquisa final

Para acceder a valoración do profesor a respecto dos cadernos de traballo premeráse no seguinte enlace.

Valoración dos "Caderno de Traballo"

Aos resultados e conclusións das probas de avaliación, proba1 e proba2, accedese premendo nos correspondentes enlaces.

proba1
Conclusións proba1
proba2
Conclusións proba2

VALORACIÓN PERSOAL DO PROFESOR

En relación cos obxectivos programados para o profesor:

  1. Incorporar os novas tecnoloxías a súa práctica docente.
  2. Descubrir as posibilidades que presta o ordenador como medio de aprendizaxe, utilizando os materiais didácticos como os de Newton e usando instrumentos como o nippe Descates, etc.
  3. Apreciar as posibilidades que se abren para unha atención máis individualizada.
  4. Analizar a actitude do alumnado diante unha nova forma de aprendizaxe e diagnosticar os seus efectos.

Cando comezei a pensar que tiña que valorar a experiencia, unha idea destacou, a eficacia formativa esta actividade ten, o que non adoita ser moi frecuente no ámbito dos cursos que se ofrecen para a formación do profesorado.

A participación nesta experiencia representou para min, iniciarme no uso de programas como os editores Edinewton e Dreamweaver, como o programa de tratamento da imaxe (Photoshop); unha oportunidade para iniciarme no uso interactivo do ordenador na aula e ir descubrido as súas posibilidades como medio de aprendizaxe, así como a posibilidade de utilizar novos materiais didácticos. En resumo atopar unha posibilidade para ir dando pasos no tan necesario e desexado cambio metodolóxico.

Mentres, neste momento non me considero en condicións para expresarme con tanta rotundidade e convencemento sobre algúns dos outros aspectos que deben, ineludiblemente, formar parte da valoración. Estes outros ámbitos de avalización son os que teñen como suxeito ao alumnado.

En relación cos obxectivos programados para o alumnado:

  1. Fomentar a motivación
  2. Promover a autonomía na aprendizaxe.
  3. Lograr unha actitude máis positiva cara ciencias experimentais.
  4. Conseguir os obxectivos curriculares previstos na programación didáctica.
  5. Incorporar os novas tecnoloxías a aprendizaxe.

Considero necesario, antes de emitir unha opinión sobre a participación e os resultados acadados polo alumnado, recoñecer que o contexto no que se desenvolveron non era o mellor posible. O profesor, segundo quedou de manifesto en paragrafos anteriores non é un experto precisamente, no uso das ferramentas informáticas, como consecuencia, para a elaboración da Unidade Didáctica e para a selección dos recursos auxiliares o tempo non sobraba, e así a calidade destes elementos no foi a mellor.

Por outra banda as incidencias (corte de suministro electrico) na aula de informática, as carencias de dotación na aula normal (había que transportar ordenador e canón cada vez que se quería utlizar e despois desmontar), tampouco axudaron.

A resposta do alumnado aos cambios producidos no entorno de aprendizaxe foi diversa: O de mellor rendemento académico, non tivo dificultades de adaptación, aplícaronse na tarefa e, avanzando na unidade, foron acadando certa autonomía; o alumnado, comprometido coa súa formación, pero con resultados académicos peores, tivo máis dificultades, necesitando apoios frecuentes do profesor, e por último, o alumnado máis despegado e con peor rendemento académico, non modificou significativamente a súa actitude e seguíu tendo malos resultados.

O alumnado cualifica con 3,4 sobre 5 o nivel de consecución dos obxectivos previstos, o 75% manifesta que a experiencia foi (normal-entretida-interesante) e o 25% a considero aburrida, e o 77% prefire a clase tradicional.

Estes datos apuntan na dirección de que debemos coidar os cambios metodolóxicos, habería que promover o traballo en equipo do profesorado, a mellora da dotación dos centros, a toma de medidas de índole organizativa nos centros contemplar a posibilidade da implantación das aulas materia, por exemplo.

Practica nº5