1º Bachillerato
Fuerza de Inercia
J.Villasuso villasuso@mundo-r.com
 F.Inercia 
Todas las Unidades Imprimir Inicio
¿Qué son las fuerzas de inercia? Objetivos

As forzas de inercia -Fi- son as que:

 

  • te poden matar ao lanzarte contra o parabrisas nun choque (pulsa en ampliar escena).

  • cravan contra o asento aos astronautas no despegamento do foguete.

  • poden desmaiar ao piloto dun avión ao realizar un bucle pechado .

A forza de inercia -Fi- é a que actúa sobre a masa cando un corpo está sometido a unha aceleración e só é detectable polo que está ligado a ese sistema acelerado.

As Fi só son observables en sistemas de referencia non inerciales (S.R.non I.), ou sexa acelerados, e para un observador situado neles parecen ser tan reais como as restantes forzas (as chamadas Forzas Reais, orixinadas en interaccións: rozamiento neto, tracción, reacción do chan, peso, etc.). Un observador situado nun sistema en repouso non as detecta nin precisa da súa existencia para aplicar a física de Newton á explicación do fenómeno.

As forzas orixinadas nas interaccións xorden de dúas en dúas, pero a Fi aparece soa e ten a mesma dirección e sentido oposto á da aceleración a que está sometida a masa.

Ao ter unha orixe distinta ás Forzas Reais, as forzas de inercia denomínanse "Forzas Virtuais" ou pseudofuerzas.


¿Qué es?
Expresión Matemática
Representación gráfica
Ejemplo 1
Ejemplo 2
Ejemplo 3
Problemas
Evaluación