![]() |
Pilar Anta Fernández | ![]() |
![]() |
|
![]() |
Todas las Unidades | ![]() |
Imprimir | ![]() |
Inicio | ![]() |
Cando se empezaron a desenvolver os sistemas eléctricos, a electricidade producíase en forma de corrente continua mediante dinamos. Este tipo de xerador amosa dous grandes inconvenientes: - Hai que extraer a electricidade do rotor dun anel metálico no que frotan uns vascullos de grafito - A electricidade non se pode transportar a grandes distancias porque non existe un sistema rendible de elevar a tensión de grandes cantidades de enerxía. Debido a esto os alternadores substituiron na súa totalidade ás dinamos, xa que presentan as seguintes vantaxes: - evitan o emprego de colectores, a electricidade prodúcese directamente no estator do alternador. - producen c.a. que se pode reducir e elevar a súa tensión con grande facilidade mediante o emprego de transformadores. - referente ao consumo os motores son máis sinxelos e robustos ca os de c.c. e resultan axeitados para a maioría das aplicacións. - a conversión de c.a. a c.c. é barata e sinxela grazas aos rectificadores a base de diodos. |