2º Bacharelato
A CORRENTE ALTERNA
Pilar Anta Fernández
 Unidade1 
Todas as Unidades Imprimir Inicio

RESONANCIA NUN CIRCUÍTO RLC SERIE

 .

Un circuíto de corrente alterna é resonante cando a intensidade que circula por el é máxima.

O valor da Resistencia non depende da pulasación, ten un valor fixo. Sen embargo, a Inductancia e a Capacitancia si que dependen da pulsación. Haberá que buscar un valor de dita pulsación para que o valor da Impedancia, Z, sexa mínimo.



A pulsación depende da frecuencia, polo tanto o que estamos a buscar é a FRECUENCIA DE RESONANCIA.

 

As tensións na bobina e no condensador son iguais, pero de fase oposta.

O Factor de Calidade nun circuíto RLC Serie denomínase COEFICIENTE DE SOBRETENSIÓN.

Os circuítos resonantes empréganse frecuentemente en radio e televisión para filtrar determinadas frecuencias. Conéctanse no punto onde se quera eliminar un sinal de determinada frecuencia de masa.

CIRCUITO RESONANTE