2º Bachillerato
A CORRENTE ALTERNA
Pilar Anta Fernández
 Unidad 1 
Todas las Unidades Imprimir Inicio

TRANSFORMADORES:
Son máquinas estáticas que teñen a misión de transmitir, mediante un campo electromagnético alterno, a enerxía eléctrica dun sistema cunha determianda tensión a outro sistema cunha tensión diferente.

Non poden considerarse propiamente como máquinas xa que non levan a cabo ningunha transformación de enerxía noutro tipo diferente, só modifican algunha das características da corrente eléctrica.

Case que todos os transformadores son trifásicos, as redes de distribución tamén.

Os transformadores monofásicos resultan de grande aplicación nas redes de consumo monofásicas, cando é necesario dispoñer de tesnións pequenas (12, 24 voltios...) para o funcionamento de circuítos de seguridade, de sinalización ou de alimentación de semiconductores. Todos empregamos un transformador para cargar a batería do noso teléfono móbil, portátil...

Ademais o funcionamento do transformador trifásico está baseado no mesmo principio que o monofásico.