3º ESO - PDC
EDA 2008
J. C. Ares Rodríguez

Juan Carlos Ares Rodríguez

IES Carlos Casares

Vigo

 

Elabóranse dúas unidades didácticas destinadas ao alumnado do Programa de Diversificación Curricular de 3º de ESO.

Ensáianse dúas concepcións diferentes:

Na primeira unidade didáctica dáselle ao alumnado maior autonomía cara a súa aprendizaxe.

O traballo na aula realízase individualmente, tomando como base un guión que describe detalladamente as tarefas que o alumnado debe levar a cabo no ordenador e no seu caderno. Deste xeito, ao mesmo tempo que aprende no ordenador, vai elaborando a unidade didáctica no seu caderno, recollendo os conceptos máis importantes e realizando as actividades que se lle propoñen.

O profesor actúa nalgúns momentos planteando cuestións para debatir en grupo, noutros momentos facendo aclaracións ou destacando aspectos importantes, e en todo caso apoiando a aprendizaxe do alumnado.

Na segunda unidade didáctica elíxese un procedemento máis dirixido polo profesor. O desenvolvemento faise a través dunha presentación tipo Power-Point, utilizando diversas esceas interactivas no momento adecuado. Igual que na primeira unidade didáctica o alumno debe recoller no seu caderno os conceptos e as actividades correspondentes.

UNIDADE ___DIDÁCTICA:___ O ÁTOMO
Avaliación Inicial
Avaliación final
Exercicios
Ficha de traballo do alumnado
Unidade didáctica
UNIDADE ___DIDÁCTICA:___ MOVEMENTO RECTILINEO UNIFORME
Avaliación inicial
Avaliación final
Exercicios
Unidade didáctica
Esceas Interactivas
ENQUISAS
Enquisa inicial
Enquisa final