TEMA 4
Discusión analítica e gráfica dos sistemas de dúas ecuacións lineais con dúas incógnitas

Alxebra

Discusión analítica TEMA 4 Discusión gráfica

2º- Resolución por redución dun sistema de dúas ecuacións e dúas incógnitas.

Para traballar esta escena habemos de recordar o método de redución; para iso imos recordalo cun exemplo:

3*x + 5*y =5

2*x + 3*y =4

Nun primeiro paso facemos que a incógnita x teña os mesmos coeficientes nas dúas ecuacións, multiplico a primeira por 2 e a segunda por 3; así obtemos:

6*x +10*y =10

6*x + 9*y=12

Restamos segunda ecuación menos primeira

-y= 2

Unha vez que obtiven e substitúo este valor na primeira ecuación.


Nesta escena pódense observar os pasos que se han de realizar ara a resolución dun sistema de dúas ecuacións con dúas incógnitas. Para iso axudarémonos do control "pasos"; daremos valores para a, b, c, d, e e f; así cun caso concreto e seguindo os pasos 1,2, e 3. ¿Poderías explicar que acontece en cada paso?

( Hase de ter en conta que no caso de fraccións como coeficientes utilizaremos o mínimo común múltiplo)

Estuda agora os casos seguintes:

* 0.5 x + y=2 *-0.4x + 2y=1

2 x + 0.6y=1 -x -y=2

Seguindo os pasos comproba que o punto de corte é o que se obtén no paso 3; indica o valor de x en cada caso.

M. Yolanda Azañón Redondo      Traducción ao galego: Pedro A. Pazos García
© Ministerio de Educación e Ciencia. Ano 2004