EDA 2008Experimentación Didáctica na Aula
|
|||||||||||
|
DESCARTES NA AULA | ||||||||||
PRÁCTICA 4. DESENROLO | |||||||||||
PLANEAMENTO DA PRÁCTICA NA AULA. TEMPORALIZACIÓN. AVALIACIÓN O comezo da práctica houbo unha serie de cambios, despois de unhas pequenas negociacións ca dirección do I.E.S. o máis importante foi: que me asignaron un grupo de primeiro de bacharelato con 15 alumnos , o segundo , que houbo cambios na aula de informática xa que dotaron a aula con 16 ordenadores novos do trinque enviados pola Xunta de Galicia. Esto implicou unha nova distribución dos ordenadores na aula, en forma de U co profesor situado na apertura do U e ademais un ordenador por alumno. Número de alumnos xustos para a aula de informática. Os primeiros días de outubre expliquelles os alumnos o manexo das unidades que íbamos a experimentar, como traballaban as "escenas" e os rudimentos mais necesarios para conectar o ordenador e acceder a internet e maís o programa , as probas fixemolas sen tocarlle a unidade de polinomios. Escotei seus comentarios e fixemos a primeira enquisa . O 7 de outubro expusenlles o plan de traballo, tres clases na aula de informática e unha presencial, e teriamos un exame sobor da materia co ordenador o día 23, e outra proba tradicional sobre a mesma materia o día 24, isto no mes de outubro. OS RESULTADOS DAS DUAS PROBAS FORON SIMILARES Despois da primeira clase presencial, decidimos continuar ca experiencia sen elas. Os días 29, 30 e 31 de outubro, complementamos o tema na clase tradicional. En novembro, coma tíñamos previsto, adicámolo a unidade de Matemática Financiera e as unidades de Ecuacións e sistemas de Leoncio Santos Cuervo, estas últimas seguimolas utilizando actualmente. Nin a clase tradicional nin a unidade didáctica axudaronme cas amortizacións; optei por excluir as amortizacións. A última enquisa fixemola o 27 de novembro SESIÓNS NA AULA DE INFORMÁTICA E FOLLAS DE TRABALLO Non tiven problemas cando non funcionaba internet por ter cargado as unidades en cada un dos ordenadores. Cando algún ordenata non funcionou, xuntei os alumnos. As follas de traballo consideroas básicas, serven para centrar o alumno, xa que teñen que encher a folla. Ademais algún que outro necesitou pedir axuda os compañeiros, para enchelas. Os primeiros dïas tiven que intervir, facendo, sobre a marcha, probas individuaís para que os alumnos non copiaran uns de outros. ¿ Sería mellor follas de traballo individualizadas.? A preparación das follas de traballo levan un tempo considerable, xa que son uns dos elementos esenciais e como cousa cambiante que son, necesitan remodelarse case cada día. E como todos os alumnos non teñen a mesma capacidade de traballo, hai que: ou ben reducirlle a carga de traballo o facerlle unhas follas especificas para eles . As follas de traballo descritas anteriormente son na súa maioría unha replica das actividades e exercicios que se propoñen na unidade, ademais de algún exercicio do seu libro de texto. Devolviase a folla de traballo ó alumno, indicando onde está incorrecta, para que o alumno a corrixa empregando a unidade se é o caso. Cando se remataba ca folla entregabase outra . Non se fai proba previa, dado que os alumnos coñecen de cuarto da E.S.O os conceptos de polinomios En Ecuacións e Sistemas de ecuacións, pedin cada día unha folla cos exercicios da unidade. Nesta parte os alumnos traballaron moito maís que na anterior. Tamen volvemos a ter unha clase presencial a semana e un examen cada cinco clases. Os resultad foron máis satisfactorios que na primera unidade. DIARIO DE CLASES E INCONVENIENTES O máis dificil é un problema de lectura, teñen que aprender a leer de novo. Agora entenden que leer non é leer só, senon que tamen é interpretar o que se le . Este foi o incoveniente co que tiven que lidiar máis a miudo So conseguin que tres alumnos fixeran o traballo que lle encomendei para facer na casa ou ben na biblioteca do centro, xa que a disculpa era " que non eran quen de conectarse con Descartes na casa " O diario do profesor permite reflexionar sobre o que se vai facendo, como se van cumplindo os obxectivos e detectar os alumnos que tardan máis en afacerse a esta nova metodoloxía para eles e para o profesor.-. |
Manuel Fidalgo Rodríguez |
I.E.S. " DO CASTRO" Vigo | ||