Estatística Descriptiva

Actividades sobre Medidas de Centralización y Dispersión.

ACTIVIDADE 4

MEDIA  PONDERADA

            Aquí tes unha táboa incompleta. Son tres exemplos distintos do que seguimos ata agora.
Pasa dun exemplo a outro fixándoche ben tanto nas semellanzas coma nas diferenzas entre os tres.
 
 



Actividades:
 

4.1. - Toma nota na túa folla de traballo e completa as tres táboas, cada unha na metade superior dunha páxina.
        ( Na metade inferior de cada unha das tres páxinas contesta ás seguintes preguntas:)

4.2- Calcula a media.

4.3- ¿ Que vale a mediana ?

4.4- ¿ Que valor ten a moda ?.

4.5. - Para as tres series estatísticas:  ¿ Ten sentido falar de deciles, percentís, etc... ?


 ACTIVIDADE 5

CONTROL
 
     

Imos ver un resumo de todo o anterior. Tes 10 minutos.  Fíxate ben en cada columna, porque logo terás que contestar de forma individual a un test de 20 preguntas nun tempo máximo de 5 minutos. Se rematas antes do tempo límite entrégasllo ao profesor, porque iso te favorecerá.

        [Esta escena non admite cambio en ningún valor das frecuencias].

 

Actividades:
 

5.1.- CONTROL  SOBRE  OS DATOS DA  ESCENA.
         Exemplo: ¿ Qué frecuencia absoluta corresponde a unha frecuencia relativa acumulada do 41.38 % ?
         Pasa a túa folla de traballo a tabóa  da escena  en cuanto entregues o control realizado.


ACTIVIDADE 6

DESVIACIÓNS

        Xa achaches a media (ponderada) da serie estatística que estamos a estudar. Deuche un valor de 1717.24.

Imos ver unha columna máis, a de Desviacións. 
 

       
 

Actividades:
 

6.1.- Traslada a túa folla de traballo  a taboa de datos anterior ( sen variar as frecuencias absolutas ).

6.2.- ¿Cal é a desviación que corresponde a unha frecuencia absoluta de 10 ?, ¿ e a que corresponde a un valor de 3000 Euros?. ¿Por que teñen distinto signo ?.

6.3.- ¿Cal é a frecuencia absoluta que corresponde á mínima desviación?, ¿ e á máxima?.

6.4. - Ao variar o valor de n4 sen variar o de n7... ¿ que aconteceu ?. Coméntao brevemente na folla de traballo.

6.5.- ¿ Por que a suma dos produtos ni.(xi-x) é sempre igual a cero ?. Coméntao.

 

 

Autor: Ángel  Prieto  Benito traducida por Adelino Pose Reino
 

 
© Ministerio de Educación, Politica Social y Deporte. 2008