Índice Representación gráfica dos números: Números enteiros.
Análise

Representación dos números enteiros.

Os números enteiros pódense representar nunha recta do seguinte xeito:

- Elixe un punto calquera da recta. Asígnalle o valor 0.

- Elixe outro punto calquera á dereita do 0 e asígnalle o valor 1. A distancia entre ambos os dous puntos será a unidade de medida de lonxitude. Se marcas esa unidade de medida á dereita do 1, o punto representado é o 2. Facendo o mesmo á dereita do 2, obtés o 3. E así sucesivamente representas todos os números naturais: 1, 2, 3, 4, 5, 6, .....

- Se marcas a unidade de medida á esquerda do 0, obtés os números negativos -1, -2, -3, -4, -5, -6,......

recta.gif (1625 bytes)

1. Na seguinte escena están representados algúns números enteiros e aparece marcado en vermello o punto P. ¿Sabes qué números representa? Escríbeo na liña inferior da escena. O valor que escribas aparecerá en verde e saberás se acertaches. Se non acertas, o punto vermello cambia a gris. Inténtao ata acertar tres números consecutivos. Diminúe entón o valor da escala e segue xogando ata chegar ao valor mínimo da escala, 10.

Se pulsas o botón dereito do rato límpase a escena dos rastros anteriores.


Ordenación dos números.

Un número é maior que outro se a súa representación na recta está máis á dereita; por exemplo 4 é maior que 1 (represéntase 4 >1). Un número é menor que outro se a súa representación na recta está máis á esquerda; por exemplo, 2 é menor que 5 (represéntase 2 <5).

2. Na seguinte escena aparecerán dous números ao chou representados na recta. Compara ambos os dous números e escríbeos no teu caderno relacionados co símbolo de < (menor) ou = (igual). Por exemplo, se os números son -2 e 3 escibirás:

-2 < 3

Pulsa o botón limpar ou inicio para que apareza outra parella de números. Repite o proceso dez veces con distintas escalas.


Representación dos números decimais.

Para representar o número decimal 0,7 observamos que é un número comprendido entre 0 e 1- Dividimos o segmento unidade entre os números 0 e 1 en 10 partes iguais. Tomamos 7 desas partes contando á dereita (pois 0,7 é un número positivo) dende o 0.

recta1.gif (1487 bytes)

Para representar o número -0,3 que está comprendido entre 0 e -1 dividimos o segmento entre os números -1 e 0 en dez partes iguais e tomamos 3 desas partes contando a esquerda dende o 0.

recta2.gif (1471 bytes)

Para representar o número 2,5 que é un número comprendido entre 2 e 3, dividimos o segmento entre os números 2 e 3 en 10 partes iguais. Tomamos 5 desas partes contando a dereita dende o 2.

recta3.gif (1436 bytes)

Para representar o número -3,4 que está comprendido entre -3 e -4 dividimos o segmento entre os números -4 e -3 en dez partes iguais e tomamos 4 desas partes contando a esquerda dende o -3.

recta4.gif (1455 bytes)

3. Repite o xogo do principio pero agora debes acertar números decimais comprendidos entre 0 e 1.

Fíxate que coa maior escala que usamos antes case non se distinguen os puntos. Deberás aumentar a escala ao máximo para xogar sen dificultade.


Volver ao índice   adiante
Fernando Arias Fernández-Pérez       Traducción ao galego: Pedro A. Pazos García
© Ministerio de Educación e Ciencia. Ano 2001