Números reais. aproximacións.
Álxebra

19. ERRO ABSOLUTO

Erro absoluto dunha aproximación é a diferenza en positivo entre o número dado ou valor exacto e o número aproximado.

Pulsa o botón inicio para ver exemplos. Copia no teu caderno polo menos dous exercicios distintos do cálculo do erro absoluto dunha aproximación por truncamento e redondeo.


20. ERRO RELATIVO

Erro relativo dunha aproximación é o cociente entre o erro absoluto e o valor exacto

Pulsa o botón inicio para ver exemplos. Copia no teu caderno polo menos dous exercicios distintos do cálculo do erro relativo dunha aproximación por truncamento e redondeo.


21. EXERCICIOS

Pulsa o botón EXERCICIO para xerar un exercicio de cálculo de erro absoluto e relativo. Falo no teu caderno. O erro débelo dar en forma de fracción. Cos controis NUM e DEN introduces a solución; logo pulsa SOLUCIÓN para ver se o fixeches ben.


Aproximacións Indice
Miguel Angel Cabezón Ochoa          Traducción ao galego: Pedro A. Pazos García
© Ministerio de Educación e Ciencia. Ano 2004